O Concello estuda ampliar o número de colectores marróns en varias zonas da cidade
O concelleiro de Xestión de residuos urbanos, Raimundo González, explicou este mércores os prazos que marca a nova Lei de residuos para alcanzar os obxectivos de reciclaxe. O edil apuntaba que para o ano 2025 o obxectivo de reciclaxe para as entidades locais será do 55% do total dos residuos municipais, que ascende ao 60% en 2030 e ao 65% para o ano 2035.
González mostrábase positivo con estes prazos, afirmando que "estamos con tempo suficiente por diante. Temos posibilidades certas de alcanzar estes obxectivos de reciclaxe". Tal e como explicaba o concelleiro, os residuos que se recollen divídense en papel, plástico e vidro. Ademais, o Concello de Pontevedra ten implantado o sistema de compostaxe.
"A propia lei obrigaba o 30 de xuño de 2022 a que os concellos de máis de 5.000 habitantes tiveran despregado o colector marrón. Nós xa o tiñamos implantado desde antes desa data", comentaba Raimundo González, que afirma que desde o Concello queren levar o colector marrón a máis zonas para xeneralizar o seu uso.
Os datos actualizados recollen que hai 3.798 vivendas con composteiro doméstico; 1.065 vivendas adheridas á compostaxe comunitaria e 2.515 vivendas adheridas á recollida selectiva de biorresiduos mediante contenedor marrón, número que descende a 299 cando se trata de establecementos comerciais.
O concelleiro puntualizaba que o Concello de Pontevedra está moi avanzado na recollida de biorresiduos, e pedía colaboración á hostalería para que separen este tipo de materiais residuais xa que, a pesar de que ata agora a súa reciclaxe fose voluntario, a nova lei obriga a que estes materiais se recíclen correctamente.
"Nos imos seguir incrementando zonas para o despregue do colector marrón igual que estamos á espera de poñer máis composteiros comunitarios", explicou Raimundo González, que aclarou que se ben se ten adiantado en materia de biorresiduos por parte do Concello, "a nova lei tamén obriga a que a hostalería faga recollida separada dos biorresiduos, e antes de decembro de 2024 vai a ser obirgatoria a recollida separada de textis e voluminosos, aceite de cociña usado e residuos domésticos perigosos".
Ademais, González ofrecía ás parroquias a posibilidade de recibir charlas informativas para explicar aos veciños como levar a cabo esta reciclaxe, que colabora positivamente na economía circular e na redución de gases de efecto invernadoiro, tal e como explican desde o Concello.
Doutra banda, o edil comentou que a nova lei obrigará a finais del 2024 a recoller por separado os téxtiles voluminosos, o aceite de cociña usado e os residuos domésticos perigosos, que completarían todas as fraccións de residuos que se poden xerar a nivel doméstico.
Desde o Concello queren sensibilizar a veciños e entidades locais para que estes obxectivos se póidan levar a cabo. Para iso, Raimundo González anunciou que se realizarán reunións con asociacións de veciños, sendo a primeira este xoves ás sete da tarde coa Federación Castelao. Estas reunións tamén se levarán a cabo con entidades empresariais, ecoloxistas e todo tipo de asociacións, tal e como explica o concelleiro de Xestión de residuos urbanos.
Relacionadas:
-
Os centros educativos de Moraña, Portas e Campo Lameiro familiarízanse coa compostaxe
Por Redacción |
-
O Concello volverá licitar o contrato da xestión de residuos ao estimarse o recurso dunha empresa vinculada a Cáritas
Por Oskar Viéitez |
-
Enfado en Caldas pola implantación do contedor marrón que establece Sogama
Por Redacción |