Dieta de Entroido en Marín: merengue o luns e sardiña o martes
Por Oskar Viéitez
A Rúa Lameiriña acolleu este luns a Festa do Merengue. Unha cita organizada por Amigos dos Rapaces na que os asistentes protagonizan unha batalla con ovos, fariña… e merengue.
O festexo estivo ambientado musicalmente por Pousos de Area.
Este luns pola tarde terá lugar a festa infantil, amenizada polo grupo Os Coleguitas.
O Entroido de Marín ten mañá a cita con Martes Sardiñeleiro. Esta iniciativa, xurdida da unión da hostalaría marinense en colaboración co Concello, quere marcar unha tarde-noite entroidera de festa que recupere o espírito de estar de local en local, xerando ambiente e diversión na véspera do Mércores de Cinza.
Estes son os establecementos participantes: Montse Bar Tapas, Klee, Atalaya, Nao, O Rural, Alameda, Kore 2, Carballinés, Xeitosa, Favorita, Real, Casino, Xaínza, Polymnia, Knobbe, Mask, Tutto Bene, Aroma, Deluxe, Pato Donald, Manhattan, Freixo, Construmar, A Mouta, Lelé, Naval, As Vides, In Mare.
Haberá música e un sorteo para todas as persoas que vaian disfrazadas.