Os máis pequenos piden paso no arranque do Entroido de Marín
Por Redacción
Marín quentou motores para o gran desfile do Entroido, previsto para este domingo. Fíxoo cunha nova edición do seu desfile infantil, que encheu a vila de cor e alegría.
Centos de nenos e nenas de todas as idades participaron neste desfile, que partiu ás catro e media da tarde da rúa Alameda e finalizou no parque Eguren.
Así foi despois de que os asistentes pasasen pola Praza do Reloxo, Sol e Concepción Arenal, mostrando os seus mellores galas para a ocasión.
Os premiados, na categoría de comparsas, foron Escola de Uluwatu (200 euros), Os Zulús (150 euros) e A Cor do Amazonas (100 euros), mentres que en grupos foron Desembarco en Mogor (160 euros), Arde Marine (110 euros), Bruxas Vikingas (80 euros) e As Ratitas (75 euros).
Entre as parellas os mellores disfraces, segundo o xurado, foron os de Planeta Contaminado (110 euros), Cazafantasmas (85 euros) e Hit y Elmo (60 euros) e na categoría individual, Reciclando Música (60 euros), Heladera (50 euros), La Yeni (40 euros) e Deisy (30 euros).
A multitudinaria participación neste desfile e o público que se agolpaba nas rúas da vila lograron que Marín encheuse este sábado de son e ritmo.
A xornada concluíu cunha gran festa no parque Eguren, con música, animación, diversos obradoiros e a repartición de filloas.
Relacionadas:
-
Marín chora na despedida á súa sardiña, antesala á fin do Entroido
Por Redacción |
-
Dieta de Entroido en Marín: merengue o luns e sardiña o martes
Por Oskar Viéitez |
-
O Entroido conquista as rúas de Poio cun desfile que superou as expectativas
Por Oskar Viéitez |
-
Marín eleva a temperatura do seu Entroido cun desfile espectacular e cheo de cor polas rúas da vila
Por Alejandro Espiño |
-
A sardiña, protagonista do cartel dun Entroido que xa quenta motores en Marín
Por Redacción |