O desfile infantil pisa con forza en Sanxenxo para dar unha calorosa benvida ao Entroido
Por Redacción
Sanxenxo que, como é habitual, reservou o desfile principal do seu Entroido como o seu fin de festa -o vindeiro domingo 26-, deu renda solta á imaxinación e fantasía dos máis pequenos da casa. Eles foron os protagonistas do desfile celebrado este domingo.
Ata 2.000 euros en premios repartiu o goberno municipal entre os participantes deste desfile, que saíu ao mediodía do cruzamento entre Luís Rocafort e o Paseo de Silgar e que, tras cruzar por este, foi pola Avenida do Porto e a Praza dos Barcos.
Cunha participación masiva, o desfile encheu a vila de cor e bo ambiente, sempre baixo a atenta mirada dos pais dos participantes e das centos de persoas apiñáronse para ver pasar a comitiva nas rúas que ían atravesando.
Mecos do Ártico foi o grupo gañador entre os grupos de ata dez compoñentes, seguidos de Carto Viquingo e Lixo Busters; mentres que nas comparsas máis grandes, triunfou a proposta Baixo o Mar, que superou a Xardín Encantado do ANPA e As Bolboretas do Bosque.
Na categoría individual, o primeiro premio foi para O Encanto de Nayra. Por detrás quedaron Elficornio, Drag Queen del Reciclaje, La segunda estrella a la derecha todo recto hasta el amanecer e En Busca do Pepiño.
Por último, Reino Submarino foi o disfrace mellor valorado polo xurado entre as parellas, por diante de Hércules, Domador e León, Holandesas en su salsa e La Casa de Mickey Mouse.
Relacionadas:
-
A Festa do Ghato enche de diversión as rúas dos viños de Portonovo
Por Redacción |
-
Recta final do entroido de Sanxenxo co enterro da cabra, as parodias a Festa do Jato e o desfile
Por Redacción |
-
Portonovo, de loito rigoroso para enterrar a súa sardiña
Por Redacción |
-
O desfile infantil do Entroido de Sanxenxo entregará máis de 2.000 euros en premios
Por Redacción |
-
Arra recupera o seu entroido con chocolate con churros, churrasco e concursos de disfraces
Por Redacción |
-
Máis de 12.000 euros van repartirse nos premios do Entroido 2023 en Sanxenxo
Por Redacción |