Primeira toma de contacto do goberno local de Cambados coa nova directiva da confraría
Por Redacción
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a concelleira de Mar, Fátima Abal, mantiveron este xoves unha reunión de traballo coa nova directiva da Confraría de Pescadores San Antonio.
O encontro, ao que asistiron o patrón maior, Xosé Manuel Vilas Charlín, a vicepatroa, Patricia Alonso, ademáis do tamén integrante do cabildo Manuel Serén Portas, foi a primeira toma de contacto presencial entre o Concello e o pósito despois da renovación do órgano nas eleccións celebradas o pasado novembro.
Durante a reunión abordáronse diversas cuestións de interés mutuo, como o estado dos proxectos que a Confraria ten en marcha ou as actuacións que o Concello agarda resolver unha vez se aprobe definitivamente o Plan Especial de Portos.
O alcalde tamén lles trasladou a continuidade da colaboración municipal para organizar unha nova edición da Festa da Vieira, que a Confraria ten previsto celebrar, en principio, do 14 ao 16 de xullo.
Asimesmo, a Concelleira Fátima Abal e tamén vicepresidenta do Grupo de acción local de pesca (Galp) Ría de Arousa informoulles sobre que tipo de proxectos poden optar aos fondos europeos xestionados polos Galp.
Ao remate da xuntanza, o alcalde destacou "a boa sintonía e cordialidade entre ambas partes que redundará en proxectos de interese común".
Relacionadas:
-
O Instituto de Ciencias do Patrimonio realizará novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Oskar Viéitez |
-
A UEFA examina os campos de herba do Salnés para acoller a fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
Tres médicos de familia incorpóranse aos centros de saúde de Vilagarcía, Cambados e O Grove
Por Redacción |