O festival PortAmérica volve reforestar Portas coa iniciativa "Unha entrada, unha árbore"
"Unha entrada, unha árbore" é unha iniciativa do Festival PortAmérica que ten como obxectivo plantar 1.050 árbores autóctonos para contrarestar as emisións de CO2 que se producirán coa realización do festival.
Esta reforestación vaise levar a cabo o día 11 de marzo nos Montes de Romai (Portas) as 10:00 horas, sendo o punto de encontro Outeiro Grande, monte veciñal de Lantaño (42.554236, -8.6812558).
Esta propuesta ten a súa orixe en 2017, nas xornadas de medioambiente, e poden cooperar tanto os colaboradores como as persoas que desexen participar. Actualmente, xa levan 4.900 árbores plantados e 24 toneladas de CO2 compensadas. Colaborarán neste proxecto a Comunidade de Montes de Romai; o Concello de Portas; a Comunidade de Montes de Lantaño; a Consellería do Medio Rural; a Deputación de Pontevedra; Coca Cola; Estrella Galicia; Agader; Gadis; Montiño e O Hotel Cruceiro.
O Festival PortAmérica foi finalista na categoría de "Contribución e Sostebilidade" e na de "Mellor Actuación en Directo" polos seus valores.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa teñen a posibilidade de inscribirse neste enlace e tamén poden obter mais información sobre o plan de sostibilidade no seu Informe de Sostenibilidade.
Ademais desta inicativa, o festival PortAmérica ofrece a participación nun sorteo sostible, no que achegan 50 packs de bombas de biodiversidade, que conteñen flores atlánticas. As persoas interesadas en participar terán que realizar a súa inscripción no seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
35 chefs, que suman 14 Estrellas Michelín, figuran no cartel do ShowRocking do PortAmérica
Por Redacción |
-
Máis de mil árbores plantadas nos montes de Romai baixo a iniciativa 'Una entrada, un árbol' de PortAmérica
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Portas volve a asumir o custe das entradas do PortAmérica para a mocidade do municipio
Por Redacción |
-
Novas caras para PortAmérica: Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Deluxe, Loquillo, MClan ou Guitarricadelafuente
Por Alejandro Espiño |
-
O espírito de PortAmérica reforesta os montes de Portas
Por Redacción |