O illamento telefónico de Borela ten os días contados: a semana próxima unha torre solucionarao
Por Redacción
Os continuos problemas de cobertura telefónica que teñen os veciños e veciñas de Borela, en Cerdedo-Cotobade, están próximos a solucionarse. A próxima semana realizarase operativo de ensamblaxe da torre que albergará a antena de Movistar que porá fin a este illamento.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o concelleiro Bruno Portela coordinaron o operativo cos directivos da Comunidade de Montes de Borela e unha empresa que teñen contratada.
Segundo a información facilitada polo Concello, as boas previsións metereolóxicas permitirán poñer en marcha un amplo operativo coordinado desde o Concello para favorecer o acceso dunha grúa de gran tonelaxe ao monte onde se ubica a torre que albergará a antena.
O pasado mes de outubro lográrase chegar cun camión formigoneira para preparar a base da torre onde irá suxeito o primeiro tramo da mesma, pero as continuas choivas impediron o acceso dun guindastre de gran tonelaxe para completar a ensamblaxe dos dous tramos desta infraestrutura de comunicacións.
A intención do Concello é colaborar con medios propios para que na vindeira semana se poida facer un operativo a base de colocar cachotes de pedra que favorezan o agarre das rodas do camión-guindastre e poida acceder ata o lugar onde se atopan os dous tramos da torre depositados no chan e poidan erguelos e ensamblalos coa base onde está a cimentación.
Cubela manifestou o desexo do Concello de colaborar coa Comunidade de Montes de Borela e coa propia empresa que traerá o guindastre para darlle unha solución de cobertura móbil á veciñanza dunha vez por todas.
Relacionadas:
-
O BNG insta ao Concello de Cerdedo-Cotobade a garantir que a fibra óptica chegue a todo o municipio
Por Oskar Viéitez |
-
A instalación dunha torre de telecomunicacións de Movistar finaliza co illamento tecnolóxico de Borela
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Carballedo estrean a rolda de encontros para programar a instalación da fibra óptica
Por Redacción |
-
Viascón leva máis dunha semana sen telefonía e internet e Movistar non resolve o problema
Por Redacción |
-
Reiteradas avarías na liña de Movistar deixan sen teléfono fixo á veciñanza
Por Isabel Feijóo Gallardo |