Los Secretos, sedución musical solidaria na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción
Volve a celebración da tradicional Festa do Lacón con Grelos en Cuntis, que se suspendeu durante os dous últimos anos con motivo da irrupción da pandemia. Para este retorno, o Concello decidiu presentar un atractivo musical que ofrecerá o mellor do rock da movida madrileña, Los Secretos.
A banda que lidera Álvaro Urquijo actuará o sábado 25 de febreiro no escenario que se situará na rúa Pedro Campos, xunto ao pavillón municipal. As entradas terán un prezo de dez euros e sairán á venda ao longo deste mes na plataforma woutick.es
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, presentaba este venres o recital en compañía de tres colectivos solidarios aos que se destinará parte da recadación do evento musical. As entidades beneficiadas serán a Asociación española contra o Cancro (AECC); Agadea, asociación que traballa con persoas con alzheimer; e Anedia, colectivo relacionado con pacientes con diabetes.
Ao acto de presentación acudían tamén Manuel González, deputado da Deputación de Pontevedra, e representantes das asociacións. O alcalde sinalaba que espera encher Cuntis de ambiente festivo, promocionando a parte gastronómica e potenciando o valor turístico da vila termal.
Campos convidou os asistentes ao concerto de Los Secretos a planificar unha fin de semana en Cuntis que concluirá co programa previsto durante o domingo 26 coa celebración dos actos da Festa do Lacón con Grelos.
Relacionadas:
-
Divertida Gala do Chapante en Cuntis na fin de semana da Festa do Lacón con grelos
Por Redacción |
-
Cuntis súmase ao Día Mundial Contra o Cancro e anima a acudir ao concerto solidario de Los Secretos
Por Redacción |
-
Sou Too crea un cartel innovador para a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
RADIO.- A banda pontevedresa Mr Magoo trae unha colaboración co actor turco Tamer Levent
Por Redacción |
-
A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis triunfa malia o mal tempo
Por Redacción |