Un Tren Mago percorrerá as parroquias de Sanxenxo quentando motores para a tradicional cabalgata
Por Redacción
Todo preparado en Sanxenxo para recibir aos Reis Magos de Oriente este xoves 5 de xaneiro. Chegarán ao municipio xa pola mañá e ás 10:30 subiranse no Tren Mago que partirá do porto deportivo para percorrer as parroquias do municipio anunciando a visita real que terá lugar pola tarde.
Xa pola tarde, ás 16:30 horas, comezará a Recepción Real na Sala Nauta para que os nenos e nenas poidan ver de preto ao seu rei meigo favorito e trasladarlle os seus desexos. No exterior, haberá animación para facer máis agradable a espera.
Ás 17.30 horas, a atención centrarase na Praza dos Barcos, coa tradicional Danza de Reis.
Xa ás 19.00 horas, finalizada a recepción en Nauta, está previsto que saia a comitiva real encabezada polo Tren Mago que levará a bordo 31 nenos e nenas de Sanxenxo elixidas por sorteo seguido de tres carrozas nas que irán Melchor, Gaspar e Baltasar.
O percorrido sairá do porto deportivo, para continuar pola Rúa Madrid, Rotonda A Florida, Progreso, Rotonda Terraza, Luís Vidal Rocha, Paseo de Silgar, Avenida de Galicia, Rafael Picou e culminará no porto de Portonovo.
Ás 21 horas, está previsto que un espectáculo pirotécnico con máis de 100 efectos e formas diferentes iluminen a noite de Reyes en Sanxenxo desde o porto deportivo. Os lumes tiveran que suspenderse en Noitevella polo mal tempo e agora poñerán un colofón de 11 minutos de maxia á visita de Melchor, Gaspar e Baltasar.
MERGULLO SOLIDARIO
Antes do día grande, este mércores, a praia de Silgar acollerá un 'Mergullo por unha Ilusión' co obxectivo de recadar fondos para os pacientes de cancro infantil da Fundación Aladina.
Trátase dun mergullo solidario que comezou a celebrarse o ano pasado e que, tras o éxito solicitado, afiánzase no calendario do Nadal.
As persoas que queiran colaborar poderán facelo cun donativo mínimo de 5 euros que lles dará a posibilidade de entrar nun sorteo de estancias en hoteis, spas, roscas e ceas para dúas persoas.
A cita será ás 16.30 horas. Os máis atrevidos poderán bañarse e acudir á cita vestidos de forma divertida e festiva. Os asistentes poderán gozar tamén dunha chocolatada para quentarse tras o baño.
Relacionadas:
-
Fogos de artificio para selar a máxica visita dos Reis Magos a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha boa causa ben vale un baño frío
Por Redacción |
-
Guía para circular por Pontevedra durante a Cabalgata de Reis, que este ano será máis longa
Por Redacción |
-
Un séquito de 420 persoas participará na Cabalgata de Reis de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os Reis Magos recuperan a normalidade pre pandemia e visitarán todas as parroquias de Poio
Por Redacción |
-
Marín prepara a visita dos Reis Magos recuperando o seu tradicional percorrido para a cabalgata
Por Redacción |
-
O mal tempo apraza ao 5 de xaneiro o espectáculo pirotécnico de Fin de Ano en Sanxenxo
Por Redacción |