O PP reclama axudas municipais para que os comerciantes iluminen unha Pontevedra "triste y apagada"
Por Alejandro Espiño
Ante o "apagón injustificado" na iluminación do Nadal, o PP reclama que o Concello articule unha serie de axudas para que comerciantes e hostaleiros poidan animar unha cidade "triste y apagada" iluminando os seus propios establecementos.
Así, o Partido Popular insta o goberno municipal a subvencionar os gastos que terá que asumir o sector "los días en que las luces de Navidad debían de estar funcionando y no lo hicieron", entre o 6 e o 16 de decembro.
Para a edil Pepa Pardo, que este venres percorreu os comercios de Pontevedra acompañada de Rafa Domínguez, as luces de nadal son un "motor económico y social" para as cidades, ao favorecer a afluencia de turistas e animar o consumo nos comercios.
As tendas de Pontevedra "no pueden competir con ciudades vecinas" e ven como os seus clientes, segundo Pardo, "se van a otros sitios" para facer as súas compras.
Os populares aseguran que o suposto aforro enerxético no que o Concello xustifica o seu atraso no aceso é unha "excusa" cando na cidade "hay una Diputación totalmente iluminada en frente de un Concello a oscuras", gobernando os mesmos partidos en ambas.
"Nos están tomando el pelo", sostivo Pepa Pardo, que advertiu que o contrato para a instalación das luces "está todavia sin firmar", polo que dubida que estean colocadas antes do día 6, como recollían os pregos do expediente.
As axudas que reclama o PP, que se abonarían previo gasto dos comerciantes e con facturas xustificativas, "son para ayudarles a competir" e que poidan iluminar os seus comercios, polo menos, os dez días nos que as rúas de Pontevedra seguirán sen decoración.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, do PP, demanda información sobre a ausencia de alumeado público na cidade
Por Redacción |
-
O "espírito navideño" brilla pola súa ausencia no pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza a instalarse o alumeado de Nadal nas rúas de Pontevedra, que agardará ata o 16 de decembro para o seu acendido
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Luces de Nadal: Gulías recoñece que na coalición municipal "funcionamos con diferentes criterios"
Por Oskar Viéitez |
-
O atraso no acendido das luces de Nadal "non é un drama", asegura Lores
Por Alejandro Espiño |
-
"Igual que non se concibe o Entroido sen comparsas, o mesmo pasa co Nadal, a iluminación crea ambiente"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Conchi Pereiro, vicepresidenta de AEMPE: "se na túa cidade non tes alumeado, vas a outros sitios para ver ese ambiente"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Domínguez afirma que aínda non está asinado o contrato do alumeado de Nadal e que Lores "trata de ocultar unha chapuza"
Por Anxo Lourido |