25N | Debuxos do alumnado no CPI Domingo Fontán de Portas contra a violencia machista
Por Redacción
O alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas realizou este venres unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o 25N, Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres.
O acto contou coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez; a concelleira Ana Peña Maquieira; o director do CPI Domingo Fontán, Luís Villaverde Platas; o corpo docente e a totalidade do alumnado, que colaborou na elaboración dunha bugambilla da cal os nenos nenas foron pendurando debuxos das súas mans en solidariedade coas vítimas da violencia de xénero.
Ricardo Martínez, pola súa banda, leu un manifesto no que fixo fincapé no "compromiso explícito" que o Concello de Portas ten en contra da violencia de xénero e instou ás novas xeracións a "medrar en igualdade, con respecto e rexeitando calquera comportamento agresivo" porque teñen un "importante papel para construir unha sociedade mellor e un futuro en igualdade, respectuoso e non violento".
Por último sinalou que "todos temos que poñer todo o que poidamos da nosa parte para impedir que exista violencia no mundo, especialmente contra as mulleres e as nenas. Temos que ser corresponsables todos dun novo modelo de comportamento onde o respecto, a igualdade e o bo trato entre homes e mulleres sexa o camiño por onde nos teñamos que conducir sempre".
Relacionadas:
-
25N | Manifestos, minutos de silencio, flores, contos e ata cursos de defensa persoal
Por Oskar Viéitez |
-
25N | Bueu reclama máis recursos na loita contra as violencias machistas
Por Redacción |
-
A Fiscalía fai fincapé na violencia machista que se está a dar entre a xente máis nova
Por Oskar Viéitez |
-
As paredes da facultade de Educación recollen preto de 200 testemuños sobre violencia machista
Por Oskar Viéitez |
-
O ministro do Interior chama en Pontevedra a "hacer frente a cualquier discurso negacionista"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O alumnado do IES de Poio implícase na loita contra a violencia sobre a muller
Por Redacción |