A nova imaxe corporativa do Concello de Pontevedra, finalista dos Premios Paraugas 2022
Por Redacción
A nova imaxe corporativa municipal é finalista dos VII Premios Paraugas, os premios da comunicación e do márketing de Galicia convocados polo Cluster da comunicación de Galicia, tal e como confirmou este luns a concelleira de Réxime Interior e Promoción da Cidade, Anabel Gulías.
A imaxe corporativa do Concello de Pontevedra creada por Cenlitrosmetrocadrado, compite na Categoría de Deseño, no Mellor deseño gráfico, xunto á identidade visual de Pepe Vieira de Desoños e co Proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos de Daniel Pino - Atlántica da información e comunicación de Galicia.
Á gala, que se celebrará o vindeiro 18 de novembro en Expourense asistirá a concelleira de Promoción da Cidade e promotora do cambio da imaxe corporativa do Concello, Anabel Gulías e a concelleira de seguridade cidadá, Eva Vilaverde, xunto aos responsables de Cenlitrosmetrocadrado.
Anabel Gulías amosou a "alegría" do Goberno local con esta candidatura, especialmente porque o cambio da imaxe municipal trataba de achegar máis o Concello á cidadanía, algo que se está a facer paseniñamente.
Relacionadas:
-
Os novos paneis informativos darán datos sobre os aparcamentos disuasorios durante a campaña de Nadal
Por Redacción |
-
Así serán as novas placas de rúas e prazas do centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Seis monolitos darán a benvida a Pontevedra nas principais entradas á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A implantación da nova identidade corporativa do Concello cambiará o lema da fachada do pavillón municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Auga e pedra dan forma á nova imaxe de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |