Aberto o prazo para participar na sexta edición do certame Enreguéifate
Por Redacción
Xa está aberto o prazo para participar na sexta edición do certame Enreguéifate, que busca fomentar que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Nel están incluídas acciones formativas para alumnado e profesorado de enseñanza non universitaria.
As persoas interesadas en participar no certame poderán facelo ata o 10 de marzo enviando un vídeo regueifando a través da web www.enregueifate.gal, onde ademáis poderán consultarse as bases e os requisitos da participación.
Como en edicións anteriores, Enreguéifate conta con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios. En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada. O idioma empregado será o galego.
A entrega de premios terá lugar o 14 de abril de 2023 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nun acto que suporá un fin de festa conxunto dos proxectos Enreguéifate e Regueifesta, e que contará coa participación de alumnado de centros educativos de Euskadi, Cataluña e Galicia.
Dentro desta nova edición, o certame inclúe a xornada formativa para o profesorado celebrada o pasado mes de outubro, e 60 obradoiros de improvisación oral e regueifa en centros educativos dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que se desenvolverán ata comezos do mes de decembro.
No equipo docente estarán Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, O Rabelo, Nuria das Cruces, Lorena Medela, Cristian de Burela e Xairo de Herbón, que confirman a boa saúde da improvisación oral en galego.
Relacionadas:
-
'O lar das palabras', un obradoiro familiar para fomentar o galego, celebrará o Día das Bibliotecas en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
A Real Academia Galega estrea en Moraña 'A orixe da nosa lingua guapa'
Por Redacción |
-
Youtubeir@s volve con 7.500 euros en premios e ánimo de formar novos difusores da lingua
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Alumnado do Froebel e de Barcelos, protagonista na Alameda da inmunidade que dá a lingua
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Abren o prazo para participar na V edición do certame de regueifas en vídeo
Por Redacción |