A Real Academia Galega estrea en Moraña 'A orixe da nosa lingua guapa'
Por Redacción
A comunidade educativa do CPI Santa Lucía de Moraña viviu este venres unha xornada moi especial, coa presentación dunha película impulsada pola Real Academia Galega (RAG).
Tratábase do filme 'A orixe da nosa lingua guapa', unha curtametraxe de ficcoón que inaugura un novo espazo da RAG destinado ao público novo no marco de Primavera das Letras, o proxecto web da institución académica destinado a nios e nenas de Infantil e Primaria.
Desde a sección 'Lingua Guapa' ofreceranse unha serie de contidos máis aló da figura homenaxeada no Día dqs Letras Galegas, con recursos para achegar á xuventude a lingua e a literatura galega dunha maneira amena.
Esta película pode verse a través da páxina web www.academia.gal ou na canle de Youtube da RAG.
O curto está baseado nunha idea orixinal de Fina Casalderrey, académica galega que asina o guión coa profesora de galego Fátima R. Ruibal, mentres que a dirección é de Damián Varela.
O motivo de que a presentación oficial da elícula celebrouse no CPI Santa Lucía de Moraña é que os nenos e nenas do centro convertéronse en actores e actrices para a ocasión, nunha rodaxe que levou a cabo no propio colexio e na Casa do Pardiñeiro, tamén en Moraña.
"Primavera das Letras naceu como unha ferramenta de apoio para os primeiros niveis educativos, pensando no alumnado e pensando nos mestres. Esta proposta de Fina Casalderrey, académica que coordina Primavera das Letras, é unha iniciativa máis nesta dirección, construída dende a linguaxe da imaxinación e a ficción para ilustrar as orixes do noso idioma dunha maneira diferente", explicou no acto o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.
O acto serviu á súa vez para que a impulsora do proxecto, Fina Casalderrey, regresase ao colexio no que exerceu de profesora durante 25 anos e que o que, entre outros moitos nenos e nenas, ensinou a orixe do idioma á propia 'mestra-meiga' protagonista, Fátima R. Ruibal.
Relacionadas:
-
RADIO.- Usas alfábega? Impresiónanche as escoadas?... Se non o entendes, recorre ao dicionario da RAG
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para participar na sexta edición do certame Enreguéifate
Por Redacción |
-
As Letras Galegas 2023 estarán dedicadas a Francisco Fernández del Riego
Por Redacción |
-
RADIO.-Antía máis Elena traen a PontevedraViva Radio os microrrelatos premiados pola RAG e PuntoGal
Por Marisa Ciordia |