Cuntis reinicia as actividades para promover o envellecemento activo
Por Redacción
O Concello de Cuntis reinicia este mes de novembro un novo programa de actividades dirixido ao envellecemento activo da poboación maior.
Segundo a información facilitada pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Loureiro, os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva diríxense a persoas maiores de 60 anos ou persoas que por prescrición médica indiquen a necesidade de participar nesta actividade e desenvolveranse por 10 locais, escolas unitarias e centros sociais das parroquias de Cuntis, así como no Centro Patelas.
Ana Loureiro destaca que a actividade ten "moi boa aceptación da por parte da veciñanza" e isto vese reflectido na participación.
O Concello oferta estes cursos en varias localizacións, incluídas parroquias rurais aproveitando tamén a dispoñibilidade de locais municipais equipados para poder realizalas.
O departamento de Servizos Sociais tamén promove talleres de ximnasia de mantemento dirixidos a persoas maiores de 55 anos empadroadas en Cuntis.
A concelleira informa que todas aquelas persoas que non participaran no ano 2021 poderán realizar a correspondente solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Para máis información poden chamar ao 986185468.