300 especialistas en Oftalmoloxía congregáronse en Pontevedra no Curso do Atlántico 22
Por Redacción
O Curso do Atlántico celebrábase esta fin de semana en Pontevedra converténdoa no lugar de referencia da oftalmoloxía peninsular coa presenza de 300 profesionais da península Ibérica que analizaron a situación actual e o futuro desta disciplina baixo a coordinación do doutor Pedro Corsino Fernández Vila, director do evento.
Segundo indica Corsino, esta especialidade é "enormemente rica" ao evolucionar e mellorar "de forma espectacular" durante o últimos vinte anos, tanto en recursos diagnósticos como terapéuticos. En todo caso, o doutor encargado da coordinación do curso recoñece que aínda existen numerosas patoloxías oculares que carecen de tratamentos adecuados.
Neste foro innovador déronse cita moitos dos expertos máis sobresalientes de España e Portugal en diferentes subespecialidades oftalmolóxicas para tratar temas actuais e controvertidos que se expoñen nesta práctica ofrecendo solucións novas e imaxinativas.
Entre os temas tratados destaca a análise de problemas e solucións sobre o campo da superficie ocular ou a córnea, a uveite, o estrabismo ou o glaucoma. Tamén se estudaron novidades en cirurxía retractiva, cirurxía da córnea, do cristalino, a retina médica e o tratamento cirúrxico da retina.
Os principais trastornos tratados polos especialistas durante o Curso atópanse enfermidades como a biefaritis, o ollo seco e tumores que xorden na superficie ocular. O doutor Fernández Vila recoñece as complexidades que presenta o manexo das uveite porque nun alto número de casos se descoñece a orixe da inflamación e, en ocasións, relaciónase con patoloxías sistémicas, obrigando a buscar a súa causa noutras zonas do corpo relacionadas con patoloxías dermatolóxicas, articulares ou intestinais.
Tamén se tratou o estrabismo baixo a premisa de que é necesario desvincular este problema á idade infantil, xa que cada vez se rexistran máis casos en idade adulta, algúns causados por intervencións cirúrxicas ou relacionados con algunhas patoloxías específicas.
O glaucoma, que afecta a máis dun 3% da poboación en España, é xunto á diabetes, a principal causa evitable de cegueira. Segundo explica Corsino, o curso permitiu observar novas téncias nas que se ofrece seguridade para o seu tratamento. O reto que se expón é "saber por cal apostar en cada paciente en particular e en que momento usar cada un deles atendendo ao curso antural da enfermidade", indica o director do curso.
Nesta liña, a doutora Lilit Voskanyan, do S.V.Malayan'S Eye Center (Armenia), achegou a experiencia positiva efectuada cunha filtración subconxuntival sen stent con microesclerostomía minimamente invasiva, que reduce a presión intraocular ata un 38% nun ano. A técnica resulta prometodar para pacientes con glaucoma de ángulo aberto que non poden ser ben controlados coa medicación convencional hipotensora.
Tamén se estudaron as principais indicacións en cirurxía refractiva láser corneal con análise dos tratamentos para abordar as complicacións oculares derivadas da infección polo virus do herpes. Por outra banda, presentáronse os principais avances no manexo das complicacións oculares da diabetes e orientouse sobre o tratamento da dexeneración macular asociada á idade, entre outras cuestións.
Durante estes dous días recoñeceuse, ademais, a traxectoria da compañía Bausch+Lomb, con motivo da celebración do seu 50 aniversario en España. Segundo Corsino Fernández Vila, o apoio desta compañía é fundamental para realizar encontros científicos como o celebrado en Pontevedra coa presenza de 35 relatores procedentes dos mellores hospitais da península.
Relacionadas:
-
O Centro de Saúde de Vilanova xa conta cun novo retinógrafo
Por Redacción |
-
Pontevedra volve ser sede do prestixioso congreso de oftalmoloxía 'Lifelong Learning Curso del Atlántico'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés recibe a 48 novos residentes
Por Redacción |
-
Un estudo pontevedrés analiza os desprendementos de retina e a súa asociación coa radiación solar
Por Redacción |