Un estudo pontevedrés analiza os desprendementos de retina e a súa asociación coa radiación solar
Por Redacción
O Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) ven de realizar un estudo no que se analizan os desprendementos de retina e a súa asociación coa radiación solar.
O traballo culminou na tese doutoral titulada “Incidencia do desprendemento de retina regmatóxeno e a súa asociación coa radiación solar na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés”, realizada polo oftalmólogo, Carlos Sevillano Torrado e dirixida polos doutores Eloy Viso Outeiriño, Maria José Blanco Teijeiro e Francisco Gude Sampedro e que foi puntuada cunha cualificación de Sobresaliente Cum laude.
Nesta investigación, conclúese que esta asociación pode explicar o aumento de casos na época estival, cunha maior predisposición de incidencia nos ollos dereitos. Por iso, medidas de protección solar, tales como usar lentes con filtro UV e evitar a exposición ocular directa nas horas nas que se concentra un maior grao de radiación durante as xornadas estivais, poden ser beneficiosas.
Así mesmo, nos contidos técnicos da tese doutoral o doutor Carlos Sevillano Torrado engade que se deben levar a cabo campañas de divulgación dirixidas á poboación xeral para aumentar a concienciación e o coñecemento desta patoloxía, que na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés detéctanse cada ano nunha media de 52 casos.
Relacionadas:
-
300 especialistas en Oftalmoloxía congregáronse en Pontevedra no Curso do Atlántico 22
Por Redacción |
-
O CHUP lembra a importancia de participar nos cribados contra o cancro colorrectal
Por Redacción |
-
Pontevedra, primeira área sanitaria galega que trata a obesidade con gastroplastia endoscópica
Por Redacción |
-
Os sindicatos da área sanitaria 'rompen' co actual equipo directivo tras dous anos "insoportables"
Por Redacción |