Ana Pontón avala a Ernesto Filgueira como un candidato capaz de ofrecer "un futuro mellor" a Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participaba este venres no acto de presentación de Ernesto Filgueira como candidato á alcaldía de Cerdedo-Cotobade nas eleccións municipais de 2023.
A máxima representante da formación nacionalista define ao candidato como unha persoa con experiencia e con solvencia e coa capacidade para "darlle a este concello un futuro mellor, en definitiva, o alcalde que precisa Cerdedo-Cotobade".
Destacou que Filgueira é unha persoa "cos pés non chan" e o seu defensa de causas xustas, cooperando coa veciñanza e participando naquelas actividades relacionadas co ben público. Sinalou tamén o seu traballo na presidencia da comunidade de montes da parroquia de Viascón e na loita contra a implantación de parques eólicos.
Pontón explicou que o candidato do Bloque traballará por que o municipio sexa máis habitable, con apostas polos recursos propios e aproveitando a riqueza dos sectores produtivos, ademais de potenciar o "rico patrimonio natural, paisaxístico e cultural".
Afirmou tamén que poñerá os recursos do municipio "a favor dos veciños e das veciñas sen permitir que a riqueza natural da que dispón sexa pasto de ningún espolio do lobby eléctrico en colaboración co PP". Lembrou que actualmente o Concello de Cerdedo-Cotobade perde habitantes e a idade da poboación é moi avanzada. Ademais, expuxo a situación acutal da sanidade pública chea de "carencias polos recortes do Goberno do PP", a necesidade de melloras urxentes en seguridade viaria e en humanización de espazos públicos.
Ernesto Filgueira agradeceu a súa elección "por aclamación" da militancia nacionalista e asegurou que se enfronta ao reto con responsabilidade e tamén con ilusión para abrir un tempo novo no municipio. "Quero cambiar este concello da man dos veciños e das veciñas, cunha política pegada ao chan e desenvolver un proxecto transformador", apuntou na súa intervención.
O candidato nacionalista prometeu unha política municipal integradora, a posta en marcha dun plan turístico propio e a aposta por un modelo enerxético sostible a favor da xente.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela, a polo seu cuarto mandato en Cerdedo-Cotobade: "É momento de seguir adiante e non parar"
Por Redacción |
-
Ernesto Filgueira, presentado como candidato do BNG, promete mellorar a rede de saneamento
Por Redacción |
-
O socialista Xoel Souto aspira a ser alcalde de Moraña como o seu avó Xosé Eiras
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade pide unha axuda de 3 millóns de euros para a sustentabilidade enerxética aos fondos europeos post-Covid
Por Oskar Viéitez |
-
Recollida de firmas nos centros de saúde de Cerdedo-Cotobade en apoio á sanidade pública
Por Redacción |
-
Cubela acusa a Ernesto Filgueira de ter na ruína investimentos por valor de 300.000 euros en Viascón
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións contra o parque eólico de Pedra Longa
Por Redacción |
-
O BNG pide a limpeza urxente dos accesos aos petróglifos de San Xurxo de Sacos
Por Redacción |
-
Ernesto Filgueira anima a PP e PSOE a se sumar á mobilización convocada polo Bloque contra os parques eólicos
Por Redacción |