Recollida de firmas nos centros de saúde de Cerdedo-Cotobade en apoio á sanidade pública
Por Redacción
O "continuo proceso de deterioro, degradación e precariedade da sanidade pública" nos centros de saúde de Tenorio provocou que o BNG de Cerdedo-Cotobade convocara unha nova recollida de sinaturas para denunciar esta situación.
Segundo os nacionalistas, a sanidade no concello leva anos "maltratada polo Partido Popular" pero agrabouse ao longo do verán "ao non cubrirse as ausencias dos médicos dos centros de saúde, chegando mesmo a estar abertos sen persoal facultativo, sobrecargando, ademáis, os servizos de enfermería e administración".
É por iso que o BNG instalará mesas de recollida de sinaturas a partir das 10:00 horas o luns 5 de setembro diante do centro de saúde de Tenorio, o martes 6 no de Carballedo e o mércores 7 en Cerdedo.
"Denunciamos o abandono sanitario que o PP practica, de xeito recurrente, coa veciñanza de Cerdedo-Cotobade desprovista de toda atención tanto por parte do Sergas como dende a Alcaldía do concello", indicou Ernesto Filgueira, que fai un chamamento para que a veciñanza participe na recollida de sinaturas co fin de reverter a "lamentable situación na que se atopa a nosa atención primaria".
Tamén defende aumentar o orzamento destinado á Atención Primaria até chegar á media estatal; incrementar a estabilidade dos cadros de persoal do Sergas; poñer en marcha un Plan de retorno, captación e fidelización de profesionais sanitarios na Galiza; e a incorporación de categorías novas ao sistema sanitario público galego.
Esta recollida forma parte da campaña lanzada polo BNG para levar ao Parlamento Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por SOS Sanidade Pública, na que se integra o BNG.
Relacionadas:
-
Denuncian que a "precariedade" do servizo de Pediatría en Cerdedo, Forcarei e Tenorio "agravouse" nas últimas semanas
Por Redacción |
-
Cerdedo pola Sanidade Pública presenta a súa recentemente constituída plataforma
Por Redacción |
-
Ernesto Filgueira, presentado como candidato do BNG, promete mellorar a rede de saneamento
Por Redacción |
-
Ana Pontón avala a Ernesto Filgueira como un candidato capaz de ofrecer "un futuro mellor" a Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Sanidade estuda que a atención médica en Cerdedo sexa polas tardes
Por Redacción |
-
A ILP de SOS Sanidade Pública para salvar a atención primaria, "disparada" en zonas como O Salnés e O Morrazo
Por Redacción |
-
O BNG sitúa na área sanitaria pontevedresa a "zona cero" do "colapso" da sanidade e pide á Xunta un reforzo
Por Natalia Puga |
-
A falta de médicos en cinco PAC da área sanitaria satura os servizos de urxencias
Por Oskar Viéitez |