Rafa Domínguez presenta o seu plan de acción para as eleccións municipais: "Salimos a por la mayoría"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O presidente local do PP, Rafa Domínguez, presentou ante os membros da formación o seu plan de acción para as eleccións municipais de maio de 2023.
Domínguez e o seu equipo manexan xa un calendario onde se reflicte a planificación e o traballo previsto para presentar nos próximos meses un proxecto "sólido y social, a la altura de lo que nos demandan nuestros vecinos".
Os populares xa levan meses desenvolvendo unha axenda de visitas e encontros para fixar e identificar as necesidades de todos os colectivos e entidades da cidade, coa idea de que "debemos ser un reflejo del sentir de los pontevedreses".
O presidente local ha subliñado que as liñas de traballo do PP céntranse en propoñer un "proyecto alternativo, joven y con experiencia, ante partidos ya agotados que han perdido totalmente el pulso de la calle".
O ideario de Domínguez, segundo o que avanzou, estará centrado nos seguintes puntos: "Aspiramos a ser una Pontevedra con empleo, solucionando los pésimos datos de paro juvenil y femenino, y donde se cuide a las empresas. Además, la ciudad sufre un colapso constante, agravado por el cierre de calles como Reina Victoria y un mejorable servicio de transporte público; trabajaremos por hacer una ciudad verde y abierta. Por último, debemos hacer crecer a la ciudad de cara a la ría".
"No nos conformamos con ganar. Salimos a por la mayoría", argumentou o popular.
Relacionadas:
-
Abrir Raíña Vitoria, eixo do proxecto de Rafa Domínguez para a mobilidade da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez cre que no PP "debemos empezar a explicar qué queremos hacer en los próximos años"
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR vai "cínico e incoherente" a Rafa Domínguez polas súas críticas ao parón do Plan Social de ENCE
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez, na súa posta de longo como candidato á alcaldía: "Non podemos permitirnos seguir botando empresas"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez asegura que "no me vale" que Ence diga que retomará o seu Plan Social se o Supremo lle devolve a concesión
Por Oskar Viéitez |