Peche ao tráfico da rúa Francia de Monte Porreiro este mércores 26 de outubro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra informa dun corte de circulación previsto para este mércores 26 de outubro na rúa Francia de Monte Porreiro.
Esta medida débese a unha actuación necesaria polos danos ocasionados durante o temporal da fin de semana en varias árbores da zona, que supoñen un perigo para a poboación.
O corte producirase concretamente no tramo situado xunto ao centro da UNED, entre as rúas Italia e Os Campos.
Os traballos prolongaranse previsiblemente desde as 15.00 horas ata as 20.00 horas da tarte.
O peche implica que o tráfico rodado procedente da ponte das Palabras e a saída de Monte Porreiro desviarase pola Avenida de Bos Aires.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- As fortes choivas asolagan o pavillón de Monte Carrasco: "Foi unha salvaxada"
Por Diego Espiño |
-
Así golpeou o temporal a cidade de Pontevedra
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Árbores, farois e postes caídos e infinidade de incidencias máis por Beatrice na comarca
Por Natalia Puga | Creada e actualizada