Albariño con burbullas para brindar en Nadal
Por Oskar Viéitez
O salón José Peña de Cambados acolleu este domingo as segundas xornadas de exaltación dos escumosos de Rías Baixas.
As adegas Mar de Frades, Ás Laxas, Eidosela, Pablo Padín e Couto Redondo presentaron sete viños escumosos que os 120 asistentes ao acto puideron catar acompañados de ostras cedidas por sete depuradoras: Linamar, Benito Fernández, José María Daporta e Fillos, Mariscos Laureano, Mariscos Daporta, Mariscos Elvira e Joaquín Fariña.
Na presidencia do acto, ademais do alcalde cambadés, Luis Aragunde, estivo o director xeral de Medio Rural, Tomás Fernández; e o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araújo, que se mostraron optimistas sobre as posibilidades de exportación que posúen estes escumosos para facerse un oco nun mundo dominado polo champaña e o cava.
Relacionadas:
-
Nin champagne, nin cava, os escumosos de Rías Baixas buscan un nome propio
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan un concurso de ideas para deseñar unha imaxe que identifique os viños escumosos Rías Baixas
Por Redacción |
-
Martín Códax abre oficina en China
Por Redacción |
-
Cambados namórase do albariño con burbullas
Por Redacción |
-
Albariño en copa de champaña
Por Redacción |