Retirado o pavimento da praza de Vilalonga
Por Redacción
As obras de humanización da Praza Pública de Vilalonga avanzan a bo ritmo coa retirada do pavimento apenas once días despois de que desen comezo os traballos. O proxecto foi adxudicado á empresa EC Casas por 909.000 euros.
Esta actuación supoñerá a definitiva humanización da contorna, eliminando o tráfico rodado, aínda que mantendo o acceso de servizo ao campo de fútbol. O espazo converterase nunha zona versátil con beirarrúas amplas no lado da praza e no oposto, e propoñerase a limitación da velocidade a 20 km/h no tramo da PO-505.
Para potenciar a zona infantil, suprimiranse as barreiras físicas existentes, así como a bancada perimetral, que prexudican o acceso á praza. Pola contra, a zona central da bancada impulsarase a nivel de usabilidade, coa construción dunha pérgola de estrutura de aceiro galvanizado, cuxos piares seguirán a liña dos troncos de bidueiro, co obxectivo de habilitar a realización de eventos culturais e deportivos con sombra durante a tempada estival.
Con estas melloras, a praza incrementará o seu espazo útil, que pasará dos 4.011 metros cadrados actuais aos 5.280 metros cadrados, que se gañarán nas inmediacións da PO-505 e do campo de fútbol. Tanto o palco como o bar serán reformados dentro do mesmo proxecto, co que se conseguirá que, no caso do bar, pase a dar servizo a toda a praza, máis aló do campo de fútbol, que atende actualmente de forma exclusiva.
O mercadillo estreou este martes nova localización temporal no aparcamento disuasorio que se atopa tras a farmacia mentres duren as obras.
Relacionadas:
-
Descontento veciñal polo proxecto da praza de Vilalonga
Por Redacción |
-
As obras na Praza de Vilalonga avanzan coa estrutura da bancada
Por Redacción |
-
A humanización da praza pública de Vilalonga prevese que estea finalizada o próximo mes de marzo
Por Redacción |
-
As obras na Praza Pública de Vilalonga obrigan a trasladar o mercadillo
Por Redacción |
-
A humanización da praza pública de Vilalonga comezará en setembro e custará uns 900.000 euros
Por Redacción |
-
Vilalonga sumará 70 novas prazas públicas de aparcamento
Por Redacción |
-
Os veciños de Vilalonga queren un centro de maiores, a conexión co polígono de Nantes e a humanización da rúa principal
Por Oskar Viéitez |