Descontento veciñal polo proxecto da praza de Vilalonga
Por Redacción
A veciñanza de Vilalonga, "descontenta" co proxecto da praza polo "amplo espazo que vai quedar sen uso", trasladou as súas queixas ao partido da oposición para que actúe ao respecto.
"Non queremos que a praza quede baleira, senón que sexa unha praza polivalente, que faga pobo e que se empregue moito máis espazo, fóra dos días festivos, para accións e actividades para a cidadanía", explicaron os veciños ao PSOE.
Nun primeiro momento, o goberno local tiña pensado un proxecto inicial pero "o cambiaron para empregar máis espazo para o parque infantil", algo que "propuso o partido socialista no seu proxecto presentado en moción no pleno".
Neste senso, a portavoz socialista, Ainhoa Fervenza opina que, "aínda que votaron que non á moción que presentamos, agora están copiando a nosa idea, pero agardamos que executen a totalidade do proxecto e non se queden en poñer soamente uns columpios a maiores".
Para Fervenza "o que ten que facer o PP é deixar de executar proxectos sen antes contar coa opinión da veciñanza, que é a que afecta as decisións que toma o alcalde".
Relacionadas:
-
Xa está aberta a Praza Pública de Vilalonga para o goce dos veciños
Por Redacción |
-
As obras na Praza de Vilalonga avanzan coa estrutura da bancada
Por Redacción |
-
A humanización da praza pública de Vilalonga prevese que estea finalizada o próximo mes de marzo
Por Redacción |
-
Retirado o pavimento da praza de Vilalonga
Por Redacción |