A ameixa de Rubén González triunfa na segunda Batalla das Cunchas de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
A segunda edición da Batalla das Cunchas xa ten gañador. A ameixa, o molusco que debía preparar o cociñeiro Rubén González Vallejo (EL Cafetín) triunfou na pugna con outros seis cociñeiros de Pontevedra, responsables da elaboración doutros tantos pratos con marisco.
A súa ameixa en salsa verde de codium con aire de cogombro foi a tapa favorita para o xurado desta edición, que valorou o sabor, a presentación e a creatividade de cada unha das propostas.
Na Batalla aás Cunchas, que estivo presentada polo escritor Manel Loureiro, participaron ademais Vicente Tortajada (La culpa de la gula), que preparou un prato de zamburiñas; ou Antonio Novas (Loaira), que lle tocou en sorteo cociñar ostrón.
Marta García (Meigas Fóra) tivo que servir unha elaboración baseada na navalla e Marta Santiago (A Fervella) fixo o propio co mexillón, mentres que a tapa con berberecho foi de Carlos Barreira (Bocarte) e a de vieira foi servida por Felipe Osorio e Bárbara Gabriela (Lulo Gastrogrill).
Todos os asistentes ao evento puideron degustar as tapas dos sete cociñeiros participantes tras a apertura do Mercado das Cunchas, que permanecerá aberto na Praza de España ata o vindeiro domingo 9 de outubro.
A Festa das Cunchas de 2022, impulsada polo Concello de Pontevedra, a través das concellerías de Promoción Económica e Desenvolvemento Sostible, estivo enmarcada na campaña para conseguir que Pontevedra sexa a Capital Española dá Gastronomía 2023.
Relacionadas:
-
"Octópoda", a tapa coa que Rubén González competirá contra cociñeiros de toda España
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 10.000 tapas vendidas consolidan a Festa das Cunchas na súa segunda edición
Por Redacción |
-
O CIFP Carlos Oroza recibe o premio Loureiro de Ouro na Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
Vinte locais de hostalería de Pontevedra activan a 'ruta das cunchas'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A segunda edición da Festa das Cunchas reforza a candidatura de Pontevedra a capital española de la gastronomía
Por Manu Otero |