O congreso internacional BNEW de Barcelona estuda a transformación das estradas provinciais
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra expuxo no congreso internacional BNEW que se celebra en Barcelona sobre a nova economía o seu modelo de mobilidade do século XXI. A terceira edición contou coa intervención do deputado de Infraestruturas Gregorio Agís nunha cita na que participan seiscentos relatores de alto nivel para aforntar a visión sobre os retos de futuro inmediato.
O evento é seguido por ao redor de 12.000 persoas de 145 países cunha programación na que se analiza a sustentabilidade e a Axenda 2030 para os retos de futuro.
Agís explicou no debate sobre 'Micromobilidade segura' o cambio que se acomete no últimos sete anos nas estradas de titularidade provincial en Pontevedra. Trindad Hernández, responsable de Mobilidade do Concello de Málaga; e Jorge Ordás, director xeral, subidrector xeral de Xestión da Mobilidade e Tecnoloxía da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), participaron co deputado pontevedrés neste encontro moderado por Ramón Ledesma, consultor en Seguridade viaria e Mobilidade e tamén ex directivo da DXT.
Durante a sesión analizáronse os cambios de mobilidade dentro das cidades e a forma en que os novos dispositivos afectan á planificación de estradas e rúas.
A Deputación de Pontevedra é a única institución española de carácter provincial que forma parte do evento internacional ao ser seleccionada como exemplo de transformación da complexa rede secundaria de estradas, con máis de 1.600 quilómetros de extensión nunha provincia con poboación de elevaada densidade e dispersión. Desde a Deputación defendeuse o modelo de atender ás persoas como usuarias do espazo público entroncando co enfoque do congreso, que busca novas fórmulas para avanzar no actual cambio social.
Agís tamén explicou as bases do 'Plan Estratéxico de Infraestruturas. Vías Provinciais 2030', que era presentado en agosto coa idea de establecer 28 liñas estratéxicas a desenvolver no próximos oito anos. O deputado provincial destacou que a Deputación realizou máis de 600 obras baseadas na seguridade viaria nos 61 municipios da provincia desde o ano 2015 cun investimento acumulado que supera os 130 millóns de euros.
O Congreso BNEW, organizado polo Consorcio da Zona Franca de Barcelona, analiza os novos retos baseándose na mobilidade; a industria dixital; o investimento; os bens raíces; a sustentabilidade; o talento e a experiencia.
Relacionadas:
-
A Deputación reivindica en Barcelona a importancia do liderado local na Axenda 2030
Por Redacción |
-
O Goberno de España avala a Axenda Urbana da Deputación de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa un plan para mellorar as paradas de bus e fomentar o transporte público
Por Oskar Viéitez |
-
Dezaoito millóns anuais para humanizar "quilómetro a quilómetro" a rede provincial de estradas
Por Alejandro Espiño |
-
O Pleno da Deputación aproba o orzamento "máis alto e expansivo da súa historia"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación comeza a elaboración dunha axenda urbana e rural propia para a provincia
Por Redacción |