Xornada de diversión e aprendizaxe coa sétima edición de Ponte a Conducir
Por Redacción
A explanada da Seca, en Poio, acolleu o arranque da sétima edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria para que os máis pequenos aprendan sobre a mobilidade segura, as normas de circulación ou as sinais de tráfico.
En total participaron 123 alumnos inscritos a través da Fanpa de idades comprendidas entre 3 e 12 anos (educación infantil, primaria e educación especial) nunha nova edición que discurre baixo o nome de 'Patinete sí, sempre con cabeza'.
O alumnado distribuíuse en grupos segundo a súa idade e van rotando polas diferentes actividades como un circuíto de karts, peóns e ciclistas (educación viaria) onde aprenderon as normas básicas de circulación e mobilidade con vehículos eléctricos da DXT e Karts cedidos pola empresa LouKart de Poio.
Tamén participaron nun concurso de debuxo sobre educación viaria, que representará o lema do concurso, cun premio por cada grupo de idade elixido por un xurado principal, e outro premio popular con votación a través da páxina de Facebook da Policía Local. Este premiado será o que maior número 'me gusta' reciba.
A Cruz Vermella, pola súa banda, impartiu un obradoiro de primieros auxilios; a Policía Local de Poio, Protección Civil, Cruz Vermella e Garda Civil de Tráfico expuxeron os seus vehículos de traballo; o Poio Bike Club levou a cabo un taller de bicis coas súas normas básicas, mantemento, distintivos luminosos e complementos, e a empresa Help Flash foi a encargada de dar unha charla ás familias sobre a seguridade viaria, coa finalidade de ensinar as normas de circulación do patinete eléctrico, suxestións e outros aspectos, así como o uso da luz v16.
Ponte a Conducir estivo organizado por Fanpa, Policía Local de Poio, Garda Civil de Tráfico, Dirección Xeral de Tráfico, Protección Civil de Pontevedra e Poio, Cruz Vermella, Help Flash, e coa colaboración de alumnos do bacharelato internacional do Sek Atlántico, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial, Concello de Poio, e así como diversas entidades privadas como son Loukart, Eroski, Claudio, ou o Corte Ingles
Dende a organización explicaron que con esta actividade de educación viaria, "tentamos garantir unha mobilidade segura, pero este obxectivo non é o único. Trátase dun ensino moi útil que vai proporcionar ao neno outras aprendizaxes globais e importantes no seu desenvolvemento. Así, á marxe das normas e os sinais de tráfico, esta materia, que se imparte en calquera contexto, achega moito máis".
Relacionadas:
-
Os colexios Sagrado Corazón e Froebel inician as charlas e roteiros de educación viaria
Por Redacción |
-
O concurso de debuxo 'Ponte a conducir' xa ten gañadores da súa sétima edición
Por Redacción |
-
Ponte a Conducir prestará especial atención nos seus cursos ao uso do patinete eléctrico
Por Redacción |