Así son os "dentes de dragón" pintados na N-640 ao seu paso por Caldas e Cuntis
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana compartiu nas redes sociais unhas imaxes das actuacións para a mellora da seguridade viaria mediante o reforzo da sinalización horizontal que está a executar na estrada N-640 ao seu paso polas localidades de Caldas de Reis e Cuntis.
As intervencións realizanse nas contornas do CEIP Afonso VII e do IES Aquis Celenis (rúa José Salgado) que dá acceso á vila, así como na rúa Juan Fuentes Echeverría, na proximidades do colexio San Fermín.
O reforzo da sinalización horizontal realizarase na rúa José Salgado mediante o pintado de "dentes de dragón" cos que se busca unha maior percepción por parte dos condutores da necesidade de reducir a velocidade e adaptala a unha vía urbana con elevada presenza de peóns. Doutra banda, os pasos de peóns próximos aos centros educativos sinalizaranse mediante liñas quebradas previas pintadas en cada marxe co fin de reforzar a percepción dos condutores de ditos pasos.
O Ministerio tamén acometeu actuacións de repintado e mellora da sinalización horizontal na estrada N-640 entre os termos municipais de Cuntis e A Estrada, nas coñecidas como curvas de Castro Loureiro, coa finalidade de incrementar a seguridade viaria nun treito de importante sinistralidade.
Relacionadas:
-
O Ministerio licita o contrato de mellora da nacional N-640 ao seu paso por Cuntis e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Congreso a mellora da seguranza viaria na N-640 en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Fundiciones Rey confirma ao director xeral de Sepes o seu interese no polígono da Ran
Por Redacción |