Fundiciones Rey confirma ao director xeral de Sepes o seu interese no polígono da Ran
Por Redacción
O director general de SEPES (Entidad Estatal del Suelo) e presidente da sociedade “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Fidel Vázquez, visitou xunto ao alcalde de Cuntis, Manuel Campos, as instalacións da Fundiciones Rey no polígono de A Ran para comentar directamente cos responsables da empresa o importante avance que supón tanto para a área industrial como para esta firma o convenio asinado esta semana con SEA e Zona Franca.
A empresa, que desde hai xa algúns anos descartou outros emplazamentos para a súa expansión nunha decidida aposta por Cuntis, seguía moi de cerca os avances entre as administracións implicadas.
Fidel Vázquez e Manuel Campos tiveron ocasión de intercambiar impresións co responsable da división comercial de Fundiciones Rey e a súa filial en Cuntis, Rey Bronze Castings, Elías Cochón Rey, que felicitou ao alcalde polo seu "tesón e constancia" para sacar adiante un proxecto que a pesar da súa demora chega nun momento con alta demanda de solo industrial, e no que importantes empresas da contorna manteñen a súa intención de asentarse en A Ran para consolidar a súa expansión.
Durante a súa visita Fidel Vázquez e Manuel Campos tiveron ocasión de coñecer os avances en investigación nos que dende hai meses está inmersa a filial cuntiense de Fundiciones Rey, un ambicioso estudo centrado en buscar a producción de silicio de calidade con baixo impacto ambiental. Un proxecto impulsado polas tres universidades galegas xunto a centros de investigación europeos e empresas nacionais e internacionais.
O Plan de Sectorización, que esta semana viu a luz e que foi aprobado xa no 2013, actuará sobre unha superficie de 325.635 metros cadrados, dos que se destinarían a industria un total de 200.397 e a equipamentos 78.265. A execución realizarase nunha soa etapa e a cifra de investimento, que compartirán SEA e Consorcio da Zona Franca a partes iguais, ascenderá a cerca de 5 millóns de euros, divididos na redacción dos proxectos; na expropiación dos bens e dereitos afectados e as obras de urbanización.
Fundiciones Rey é unha das empresas interesadas en ampliar as súas instalacións no polígono de A Ran, unida a Metalúrxica Pazos e outras firmas de referencia no sector industrial que ven nesta área industrial a localización idónea para os seus intereses empresariais.
O Concello ten claro que hay un interes real das empresas por asentarde na zona industrial de A Ran, e con proxectos punteiros o alcalde Manuel Campos destacou que "o interese da firma Rey Bronze Castings por Cuntis nun proxecto a nivel internacional que non fai mais que aportar un valor engadido a Cuntis e a zona industrial de A Ran que se reforza coa presenza de Sepes e Zona Franca son o brazo inversor do Goberno de España nesta zona industria".
Relacionadas:
-
Cuntis aproba o convenio que desenvolverá o polígono da Ran cun proxecto de 6 millóns
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis acusa ao PP de intentar "boicotear" o Polígono de A Ran
Por Redacción |
-
Novo paso adiante para o desenvolvemento industrial do polígono da Ran
Por Redacción |
-
Así son os "dentes de dragón" pintados na N-640 ao seu paso por Caldas e Cuntis
Por Oskar Viéitez |