Ferido un home ao envorcar co seu tractor en Bora

Por Redacción
O 112 Galicia informou que este mércores, na parroquia pontevedresa de Bora, preto das instalacións da ITV, un home resultou ferido de diversa consideración ao envorcar o seu tractor cando circulaba por unha zona de difícil acceso da súa propiedade.
Dende este servizo sinalaron que "malia estar liberado e accesible, era necesaria a coordinación entre os equipos de emerxencia para proporcionarlle unha evacuación segura".
Foi unha persoa particular a que avisou ao 112 Galicia poucos minutos antes das doce. Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores de emerxencia puxeron en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra e dos axentes da Policía Nacional.
Ademais, desde o 112 pasouse aviso igualmente aos membros da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Desaloxado un edificio en Sanxenxo polo incendio dun cadro eléctrico
Por Redacción |
-
O condutor do Porsche implicado no accidente mortal de Meis, sen pasaporte, sen carné de conducir e sen coche
Por Natalia Puga |
-
Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Falece unha motorista e outra resulta ferida ao ser arremetidas por un Porsche en Meis
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Aparatosa saída de vía na PO-220 cun ferido leve
Por Redacción |