Desaloxado un edificio en Sanxenxo polo incendio dun cadro eléctrico
Por Redacción
Os servizos de emerxencia desaloxaron un inmoble en Sanxenxo ao arder un cadro eléctrico, segundo informou o 112.
Ningún dos veciños do edificio resultou ferido por mor do incendio, que se declarou nun cadro eléctrico situado nunha terraza do inmoble, na Rúa da Constitución.
Mentres duraron os labores de extinción e ventilación, as persoas que residen no edificio foron desaloxadas como medida preventiva. Unha vez que os servizos de emerxencia concluíron a súa intervención, puideron regresar ás súas vivendas.
O incendio comezou uns minutos despois das 21:30 horas da pasada noite do sábado. Foi, nese momento, cando o GES de Sanxenxo puxo en coñecemento do 112 Galicia a situación.
Relacionadas:
-
Unha explosión rebenta unha tenda de patinetes en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Falece un operario tras sufrir unha caída cando traballaba nunha obra en Chancelas
Por Oskar Viéitez |
-
Falece un motorista tras bater cun coche na PO-308 en Poio
Por Diego Espiño |
-
Ferido un home ao envorcar co seu tractor en Bora
Por Redacción |