Miñones repasa co alcalde Cacabelos os investimentos no Grove do Goberno central
Por Redacción
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse este martes co alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, para abordar as diferentes actuacións no municipio, coñecer as súas demandas e revisar as accións que o Executivo Central destina aos concellos dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Durante a súa visita, estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
Durante o encontro, José Miñones puxo en valor o compromiso do Executivo coa modernización de sectores estratéxicos como son o turístico e o comercial. Así, o proxecto financiado por Red.es promoverá O Grove xunto con Sanxenxo como polos turísticos intelixentes. Esta iniciativa, que se achega ao millón e medio de euros, "permitirá ao Concello ofrecer unha experiencia máis atractiva aos visitantes e dispor de ferramentas tecnolóxicas para facer unha xestión ordenada dos seus recursos turísticos".
Así mesmo, o delegado recordou que O Grove tamén se beneficia do plan de sustentabilidade turística da Mancomunidade do Salnés, que está orientado á posta en valor do Camiño do Mar de Arousa. O Plan, que xa está en marcha, conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros achegado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Este mismo Ministerio financia o proxecto "Commerce Inside", promovido pola Deputación de Pontevedra, e que inclúe ao pequeno comercio do Concello de O Grove. Este proxecto supera o millón de euros e pretende, entre outros obxectivos, dotar de ferramentas dixitais e de melloras tecnolóxicas aos establementos de municipios turísticos da provincia.
O delegado tamén revisou xunto ao alcalde os investimentos no eido do aforro enerxético. Neste caso, o Goberno de España destinou 337.000 euros a la mellora do alumeado municipal e da xestión do abastecemento de O Grove a través das axudas que o Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeu á Deputación de Pontevedra para estas actuacións.
José Miñones tamén informou de que Goberno está a promover a dotación de a banda ancha de última xeración a máis de 900 vivendas e empresas na localidade no marco do Programa Unico-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación do Goberno.
Relacionadas:
-
Sanxenxo probará a próxima semana os puntos wifi, o cálculo de dispositivos e as cámaras
Por Redacción |
-
A Toxa, de novo escenario do 'cara a cara' entre González e Rajoy
Por Redacción |
-
O Exército remata a súa preparación no Grove para a Campaña Antártica
Por Redacción |
-
Detectado un caso de gripe aviaria nun mascato recollido no Grove
Por Redacción |