O Exército remata a súa preparación no Grove para a Campaña Antártica

Por Redacción
Os trece militares españois que participarán na trixésimo sexta Campaña Antártica, a partir do próximo mes de decembro, terminaron o adestramento que tiveron esta semana en augas do Grove (Pontevedra).
A preparación dos membros do Exército de Terra centrouse especialmente nas técnicas de navegación que deben controlar para afrontar a súa estancia en base española na Antártida, situada na Illa Decepción, onde permanecerán ata marzo de 2023.
Durante a súa estancia en Galicia, os integrantes desta expedición recibiron formación teórica sobre as embarcacións pneumáticas a empregar, as misións dos tripulantes, os distintos tipos de nós, as características dos motores e o seu mantemento, a seguridade no mar, o manexo do GPS, primeiros auxilios ou xestión ambiental.
A parte práctica desta preparación consistiu, entre outras, no manexo de barcos a motor, probas de seguridade e rescate, entradas e saídas de praia, estibas, navegación a remo, natación con ou sen aletas ou o adozado de material e o encartado de embarcacións.
A misión do Exército no continente antártico é, ademais de manter a presenza de España neste territorio, proporcionar apoio loxístico á investigación científica no único continente virxe do planeta e que está dedicado á ciencia.
Os trece militares que formarán parte da Campaña Antártica, once homes e dúas mulleres, teñen unha media de idade de 42 anos e conta con dúas décadas de experiencia militar en, polo menos, catro destinos diferentes.
Foron elixidos, tras pasar un proceso de selección, entre 120 candidatos por estar altamente especializados e cualificados e superar as probas psicolóxicas, garantindo que poden soportar as condicións extremas que sufrirán durante a súa estancia na Antártida.
De todos eles, cinco proceden de Castela e León, tres de Cataluña e dous de Madrid e Galicia, mentres que Aragón, Comunidade Valenciana, Canarias e Castela-A Mancha achegan un efectivo cada unha delas.
Relacionadas:
-
Os militares da campaña antártica regresan a O Grove para prepararse nun terreo "muy similar" á Antártida
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Maite Ochotorena pon con 'Un desierto de arena' unha mirada crítica sobre a relación do ser humano e a natureza
Por Marisa Ciordia |
-
Sanxenxo pon unha pica na Antártida
Por Redacción |
-
Miñones repasa co alcalde Cacabelos os investimentos no Grove do Goberno central
Por Redacción |
-
O Grove, campo de probas para os treces militares da Campaña Antártica
Por Alejandro Espiño |
-
O Exército de Terra volve adestrarse no Grove para a súa Campaña Antártica
Por Redacción |