As Xornadas do Colón galego poderán gozarse no Casal de Ferreirós o 30 de setembro
Por Redacción
O Casal de Ferreirós acollerá o vindeiro venres 30 de setembro, ás 18.00 horas, as Xornadas do Colón galego co obxectivo de dar a coñecer as últimas novidades e actualizacións sobre a teoría da orixe galega do navegante, seguindo así folla de ruta impulsada polo Concello de Poio de difundir e promocionar a devandita teoría, a través de actividades e actuacións vencelladas á Casa Museo de Portosanto.
As xornadas serán de entrada libre e contarán cunha charla impartida polo investigador e escritor Ángel Carracelas e outra polo presidente da Asociación Galicia Histórica, Pedro Martín.
Unha vez finalizadas as charlas, levarase a cabo unha visita guiada na Casa Museo, que estará dirixida por responsables do colectivo que preside Pedro Martín. Pódese obter máis información chamando ao 986833204 ou enviando un correo electrónico a museocolon@concellopoio.gal.
Por outra banda, desde o Concello lembran que este sábado 17 de setembro os nenos e nenas de entre 6 e 14 anos poderán desfutar dun taller sobre navegación no que se afondará sobre os tipos de embrcacións que se utilizaban na época na que tivo lugar o descubrimento de América de dunha teoría do Colón Galego. A actividade rematará cunha sesión de pintura.
Estas iniciativas están financiadas a través do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Marítimo Europeo e da Pesca. As áreas de Turismo, dirixida pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), e Pesca e Marisqueo, coordinada polo socialista Julio Casás, apostan pola dinamización, a promoción e a posta en valor da Casa Museo e do Bosque de Colón, ao tempo que se promove e se difunde a teoría da orixe galega do navegante máis universal.
Relacionadas:
-
O Casal de Ferreirós acolle a conferencia "Mitos, lendas e tradición oral de Poio"
Por Redacción |
-
Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón recibiu máis de 800 visitantes desde xuño
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción |
-
"Nova etapa" para a Casa Museo de Colón que activa un plan de dinamización
Por Redacción |