O Casal de Ferreirós acolle a conferencia "Mitos, lendas e tradición oral de Poio"
Por Redacción
A concellaría de Turismo e a concellaría de Pesca e Marisqueo, xunto coa Casa Museo Cristóbal Colón, organizan a xornada "Mitos, lendas e tradición oral de Poio", no Casal de Ferreirós, e contará coa participación de dous investigadores e escritores: Lino Pazos, autor do libro "Recordando a Thalavo" e Rafael Quintía, escritor e antropólogo.
A conferencia, con entrada libre, terá lugar este venres 14 de outubro, a partir das 20.00 horas e servirá para pechar o programa de actividades impulsado desde o plan de dinamización que se está a desenvolver na Casa Museo de Colón, co financiamento do GALP – Ría de Pontevedra.
Tanto Silvia Díaz, responsable da área de Turismo, como Julio Casás, concelleiro de Pesca e Marisqueo, destacan a importancia do proxecto desenvolvido para dinamizar a Casa Museo e divulgar a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón.
Rafael Quintía, compartirá os seus coñecementos sobre antropoloxía, mitoloxía e a tradición oral de Poio, e Lino Pazos centrará a súa conferencia nas lendas existentes en torno á Illa de Tambo, coñecida no seu momento tamén como ‘A illa do tesouro’.
A Casa Museo de Colón acolleu onte a visita de 60 persoas participantes no Roteiro de lectura da novela "Portosanto", de Rodrigo Costoya. Os lectores, guiados polo autor de "Portosanto, el enigma de Colón", contaron coa visita explicada ás instalacións da Casa Museo da man de Ángel Carracelas e Pedro Martín, da asociación Galicia Histórica, para despois continuar o seu percorrido polos escenarios donde transcorre a novela.
Relacionadas:
-
A UNED fará unha incursión no mundo das bruxas, mouras, feitizos e males de ollo
Por Redacción |
-
Literatura, cinema, teatro e contacontos na fin de semana máis cultural de Poio
Por Redacción |
-
Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción |
-
As Xornadas do Colón galego poderán gozarse no Casal de Ferreirós o 30 de setembro
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción |