Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción
‘Mitos, lendas e tradición oral de Poio’ é o nome da iniciativa que terá lugar o vindeiro venres 14 de outubro, no Casal de Ferreirós, e que contará coa participación de dous investigadores e escritores como o antropólogo Rafael Quintía, que falará sobre a antropoloxía, a mitoloxía e a tradición oral de Poio; e de Lino Pazos, que centrará a súa conferencia nas lendas existentes en torno á Illa de Tambo, coñecida no seu momento tamén como ‘A illa do tesouro’.
Estas charlas darán comezo a partir das 20 horas, con entrada libre, e organízanse a través da Casa Museo de Colón. Desde o Concello lembran que estas dependencias, situadas no lugar de Portosanto, permanecerán abertas ao público xeral ata o vindeiro 15 de outubro, de xoves a domingo, desde as 12 ás 19 horas. A partir da devandita data, as instalacións poderán seguir acollendo visitas guiadas, a través da Asociación Galicia Histórica.
Ademais desta cita, desde a Casa Museo tamén se está a fomentar a lectura a través dunha campaña de ‘bookcrossing’. Este método ten como finalidade animar á cidadanía a intercambiar libros de xeito anónimo. O ‘bookcrossing’ consiste en depositar un exemplar nun punto concreto, onde xa se atopen outros libros deixados previamente por outras persoas, de xeito que todas elas teñan a posibilidade de acadar novos tomos.
No caso da Casa Museo, desde finais do pasado mes de setembro vén de habilitarse un punto de entrega e recollida de libros na recepción. Unha das cuestións nas que se fai fincapé é no feito de que os exemplares que se entregan poden corresponder a calquera temática. Así, atópanse desde novelas ata poesía, pasando por libros de fotografías. A intención é involucrar á cidadanía sen importar a idade, se ben tamén se quere facer fincapé na implicación do tecido educativo.
O ‘bookcrossing’ continuará operativo mentres permanezan abertas as instalacións.
Relacionadas:
-
O Casal de Ferreirós acolle a conferencia "Mitos, lendas e tradición oral de Poio"
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón recibiu máis de 800 visitantes desde xuño
Por Redacción |
-
As Xornadas do Colón galego poderán gozarse no Casal de Ferreirós o 30 de setembro
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción |
-
Repaso á relación entre a muller e o mar a través da tradición e os labores pesqueiros
Por Redacción |
-
As visitas teatralizadas á Casa Museo de Colón xa están en marcha
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón ofrece obradoiros sobre historia e cultura
Por Redacción | Creada e actualizada