Cinco restaurantes marinenses exaltarán a raia esta fin de semana
Por Oskar Viéitez
O Real Club Náutico de Aguete acolleu a presentación da III Festa de Exaltación do Peixe Raixa que se celebrará en Marín os próximos días 9, 10 e 11 de setembro, coa participación de cinco restaurantes da localidade.
Tras as palabras de benvida e agradecemento por parte do presidente da Asociación Cultural e Gastronómica, Manuel Area, foi o chef Cándido Pesqueira o encargado de disertar sobre as bondades culinarias do peixe raia. O acto estivo amenizado pola actuación musical de Tonio ‘O Gaiteiro Moderno’.
As degustacións levará a cabo durante os tres días en sesións de comidas e ceas nos restaurantes: Cafetería Tapería Polymnia onde se poderá degustar ensalada de raia con pementos asados e cazola de raia con ameixas; no Restaurante Lorenzo – A Potona: croquetas de raia, ensalada rusa de raia, raia frita e raia guisada; no Restaurante – Viñoteca O Lar de Rosa: ensalada de raia, caldeirada de raia, canelones de raia; no Restaurante Mariscaría O Submarino: raia en caldeirada e raia en salda dourada e no Restaurante O Quenco de Aguete: salpicón de raia e raia á galega.
Todo iso ao prezo de 16 euros por cubertos incluídas as bebidas, poste, café e chuputios.
A festa estará amenizada durante os tres días con pasacalles a cargo do Grupo de gaitas Os de Marín, Grupo de Gaitas Carballido, e a Charanga ‘A cabeza non para’. E o domingo celébrase un gran fin de festa a partir das seis e media da tarde coa participación de Antonio Miniño , Toni ‘O Gaiteiro Moderno’ e Luís Moreta .