Irrompen as borrascas nas Rías Baixas con intención de permanecer durante toda a semana
Por Redacción
Chegaron as agardadas choivas ás Rías Baixas, que durante este luns incrementarán a súa intensidade e axudarán a paliar a seca deste verán. Segundo as predicións do servizo de Meteogalicia, a comunidade permanece na influencia das baixas presións, con ventos do suroeste que impulsan o avance dunha fronte fría cara ao leste. Espérase unha xornada de ceos cubertos en xeral con choivas máis intensas na zona das Rías Baixas, principalmente durante a mañá. As temperaturas oscilarán entre os 18 e os 23 graos.
Durante a xornada do martes 6 de setembro permanecerá a influencia dunha borrasca situada ao noroeste de Galicia. Espérase unha xornada de ceos máis nubrados e con chuvascos máis persistentes ao oeste. As temperaturas manteranse entre os 17 e os 24 graos. O vento soprará moderado de compoñente sur.
Apenas se rexistrarán cambios na atmosfera durante o mércores. A influencia da borrasca centrada sobre Irlanda generára ventos do suroeste e a xornada presentarase con ceos nubrados en Galicia, con máis nubes cara á zona atlántica, onde se esperan chuvascos persistentes. As temperaturas continuarán entre 17 e 23 graos con vento do suroeste moderado.
De fronte ao fin de semana a probabilidade de choivas seguirá sendo elevada pola presenza de sucesivas borrascas próximas a Galicia, que xeran fluxo de vento do oeste. A partir do domingo 11 espérase un aumento da influencia das altas presións. As temperaturas seguirán con valores baixos para esta época do ano, que irán aumentando progresivamente.