Alerta amarela nas Rías Baixas polas intensas choivas
Por Redacción
Os restos do furacán Danielle chegarán este luns a Galicia e as previsións apuntan a que deixará intensas choivas. Tras perder intensidade no Atlántico, a súa chegada á costa galega será en forma de borrasca e deixará o primeiro temporal do outono.
Esta borrasca atlántica deixará choivas tan abundantes que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou a alerta amarela por precipitacións nas Rías Baixas. Segundo as previsións dos meteorólogos, deixará máis de 15 mililitros cadrados acumulados nun agora en toda a costa pontevedresa.
Danielle e Earl foron #furacáns. Earl incluso acadou categoría 3, pero agora experimenta un proceso de #extratropicalizacion, polo cal converterase nunha típica #borrasca das nosas latitudes. Ese proceso xa o sufriu Danielle, que nos vai afectar a partir de mañá. pic.twitter.com/2iq6p13zrE
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) September 11, 2022
Segundo a información facilitada por Meteogalicia, a influencia da borrasca afectará a partir deste luns, cando xa se esperan ceos con moitas nubes e chuvascos localmente fortes. O achegamento da borrasca desde o oeste fará o vento sur intensifíquese cara ás horas da noite, con choivas localmente fortes en toda a franxa atlántica.
Durante a xornada deste martes, a borrasca provocará moita inestabilidade atmosférica, con precipitacións frecuentes e puntualmente intensas.
Ata o xoves, segundo as predicións de Meteogalicia, espéranse ceos con nubes e claros e precipitacións todos os días.
En canto ás temperaturas serán altas para as mínimas nesta época do ano e normais para as máximas en relación co habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios. As máis altas serán o martes, con 27 de máximas e 18 de mínimas. O luns e o mércores, as máximas serán de 26.
O xoves será o último día no que se poden esperar algúns chuvascos, menos intensos e máis illados que nas xornadas anteriores.
A partir do venres, a provincia quedará baixo a influencia dun anticiclón que, previsiblemente, situarase ao norte da península Ibérica. Deste xeito, durante este período teremos tempo seco e solleiro na maior parte de Galicia. Progresivamente, os valores nocturnos descenderán e os diúrnos ascenderán.
Relacionadas:
-
RADIO.- Si, a chegada do outono afecta emocionalmente e contámoscho no novo podcast 'A min tamén me pasa'
Por Marisa Ciordia |
-
Irrompen as borrascas nas Rías Baixas con intención de permanecer durante toda a semana
Por Redacción |
-
Agárdanse chuvias febles e intermitentes durante o sábado da Feira Franca
Por Redacción |