Policía Local e Bombeiros inspeccionarán os postos da Feira Franca
Por Redacción
A Feira Franca contará cun Plan de Seguridade, elaborado pola Policía Local. Entrará en vigor ás 11.00 horas do sábado 3 e concluirá ás 03.00 horas do domingo 4.
Durante o sábado, un equipo da Policía Local e dos Bombeiros de Pontevedra inspeccionará os postos instalados nas distintas zonas para determinar se a instalación adáptase ás normas establecidas pola organización da Feira Franca.
Entre estas medidas atópase o uso só de carbón nas grellas, a presenza de extintores nas proximidades; instalación de postos unicamente autorizados; e evitar ocupación de vías de penetración e evacuación.
Nesta vixésimo primeira edición instalaranse os seguintes puntos de emerxencia: un posto avanzado médico no Teatro Principal; tres ambulancias en Valentín García Escudero; Bastida/Michelena e Alameda. Protección Civil manterá o seu posto central na Praza de Ourense e os Bombeiros, na Praza de España e en Valentín García Escudero.
Instalaranse unha serie de extintores para o seu uso en diversos puntos do centro histórico e zonas de celebración da festa medieval.
VÍAS PARA OS SERVIZOS DE URXENCIA
No Plan contémplase, para garantir o tránsito e as posibles intervencións de auxilio, que os servizos de urxencia terán como vías principais de evacuación e penetración a Rúa Real, Sarmiento, Isabel II, Curros Enríquez, Fernández Villaverde e Michelena.
Relacionadas:
-
Sábado perfecto para a chegada do viño e a celebración na XXI Feira Franca
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
'O Lérez' máis medieval corusca na Ferrería a través de Pablo Méndez Performances
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Deixounos a parca!" Volveu a Feira Franca!
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Primeiras limitacións de circulación a partir deste 31 de agosto debido á Feira Franca
Por Redacción |
-
Agárdanse chuvias febles e intermitentes durante o sábado da Feira Franca
Por Redacción |
-
Tres anos sen Feira Franca disparan o interese polos traxes medievais
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra xa respira Feira Franca: "As expectativas son moi boas"
Por Alejandro Espiño |