'O Lérez' máis medieval corusca na Ferrería a través de Pablo Méndez Performances
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Pablo Méndez Performances destaca por ofrecer fantasía e imaxes visuais impactantes. E baixo esta premisa, este venres 2 de setembro presentaba na praza da Ferrería o seu espectáculo 'O Lérez' ante miles de espectadores que seguiron os movementos acrobáticos e sempre imaxinativos da compañía pontevedresa.
O público mostrouse fascinado con este arranque ante as propostas dunha compañía capaz de reinventarse permanentemente ofrecendo creatividade e xogos cheos de cor, música, danza e dragóns luminosos. Sobre o escenario e entre os asistentes apareceron piratas entre sombras, malabaristas e personaxes fantásticos de gran tamaño.
Con esta montaxe ábrese a XXI Feira Franca, tras dúas edicións en que non puido celebrarse debido á pandemia. Desta forma, este primeiro venres de setembro cúmprense tres anos da última celebración medieval na cidade. Este sábado agárdase cheo de actividades desde ás 11.30 horas.
Relacionadas:
-
As "caras de alegría" da xente, o "resumo perfecto" da Feira Franca
Por Alejandro Espiño |
-
Volven os xantares históricos a degustarse no centro dunha cidade alegre - Galería de imaxes (I)
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Sábado perfecto para a chegada do viño e a celebración na XXI Feira Franca
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Lores sobre a Feira Franca: "para min é unha festa total"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Deixounos a parca!" Volveu a Feira Franca!
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Policía Local e Bombeiros inspeccionarán os postos da Feira Franca
Por Redacción |
-
Tres anos sen Feira Franca disparan o interese polos traxes medievais
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra xa respira Feira Franca: "As expectativas son moi boas"
Por Alejandro Espiño |