Repaso á relación entre a muller e o mar a través da tradición e os labores pesqueiros
Por Redacción
A tenente de alcalde e responsable de Turismo e Igualdade, Silvia Díaz, e o responsable de Pesca e Marisqueo, Julio Casás, asistiron á charla coloquio ‘A muller no mar: labores e tradición’, organizada pola Casa-Museo de Colón e a Asociación Cultural Mulleres Mar de Poio. A intervención centrouse en cuestións como as experiencias, o traballo, as artes, as orixes e o papel protagonista que veñen desempeñando historicamente as mulleres nun dos principais sectores económicos do municipio.
A convocatoria incluíu, asemade, unha visita guiada á Casa-Museo de Colón, na que se explicaron as probas que documentan a orixe galega do navegante. Este encontro contou coa colaboración a Asociación Galicia Histórica, a quen os dirixentes municipais trasladan o seu agradecemento polo traballo que desde o colectivo se realiza para axudar a difundir e poñer en valor a tese do Colón galego.
Por outra banda, lembra desde o Concello de Poio que o vindeiro 1 de setembro terá lugar a última das visitas teatralizadas ao Bosque de Colón. Trátase dunha actividade conducida por Leucoíña Pasea e que xa contou con dúas sesións na Comunidade de Montes de San Xoán no mes de xullo.
Ademais, a semana pasada tamén se desenvolveron outras dúas citas na propia Casa Museo de Portosanto. A organización informa de que xa están cubertas todas as prazas, pero estase a elaborar unha lista de agarda por se se producen baixas. Deste xeito, as persoas interesadas poden contactar a través de turismo@concellopoio.org, indicando nome, apelidos, data seleccionada e teléfono de contacto, así como a idade. Tamén é posible obter máis información chamando ao 986833204 ou ao 986833204.
Relacionadas:
-
Rafael Quintía e Lino Pazos impartirán charlas sobre mitos e lendas de Poio en Ferreirós
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón acolle un obradoiro infantil sobre navegación
Por Redacción |
-
Os socialistas critican que a Xunta imparta un curso para mulleres unicamente con profesores homes
Por Oskar Viéitez |
-
As visitas teatralizadas á Casa Museo de Colón xa están en marcha
Por Redacción |
-
Dous paseos polo Bosque de Colón abren as visitas teatralizadas en Poio
Por Redacción |