Eliminan un vertido que levaba augas residuais industriais dunha empresa a un rego en Vilanova
Por Redacción
Augas de Galicia informou este luns de que nos últimos días puido confirmar a eliminación dun vertido de augas residuais industrias ao rego de Baión, en Vilanova de Arousa.
O foco do vertido tiña a súa orixe nas instalacións dunha empresa. Segundo confirmaron técnicos de Augas de Galicia, vertía as augas residuais industrias xeradas coa súa actividade cara a unha canalización que desaugaba no rego de Baión.
Os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas para eliminar ese foco.
Tempo despois, os técnicos da Xunta realizaron unha nova inspección e corroboraron o cese do vertido, tras proceder a empresa á conexión da canalización que recibía o vertido industrial cara á rede de saneamento da contorna.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, no dominio público hidráulico.
Relacionadas:
-
Eliminado un punto de vertedura de augas industriais en Bamio
Por Redacción |
-
Nova vertedura no río Gafos detectada por Vaipolorío
Por Redacción |
-
Sancionan ao Concello de Poio por verteduras de augas fecais na praia de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Eliminado un punto de vertedura de augas residuais ao río Chaín en Portas
Por Redacción |