Sancionan ao Concello de Poio por verteduras de augas fecais na praia de Campelo
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular desvelou que o Concello de Poio, acaba de recibir outra sanción de Augas de Galicia por importe de 500 euros por mor de augas fecais na praia de Campelo despois de recibir outra sanción hai escasos meses por verteduras ilegais en Lourido.
A concelleira do PP, Nati Torres, pregunta se "é este o modelo de turismo que quere o Tripartito para Poio: recibir sancións por verter augas fecais ás praias do noso municipio? Será por iso que só solicitan unha bandeira azul para todo Poio?".
Os populares lembran que en xuño de 2021 o Concello de Poio recibiu sancións por non contestar aos requirimentos doutras administracións; en xaneiro de 2022 recibiron sancións por verter sen control á ría; "e agora volven ser sancionados por augas fecais as praias".
Dende o grupo municipal do PP sinalan que "agora entendemos por que non nos deixan acceder ao rexistro de entrada nin de saída do concello, porque só eles saben cantos requirimentos e sancións terán similares a este".
Relacionadas:
-
Eliminan un vertido que levaba augas residuais industriais dunha empresa a un rego en Vilanova
Por Redacción |
-
Inician os trámites para contratar seis socorristas para Xiorto e Cabeceira no verán
Por Redacción |
-
Sobral lembra que a vertedura na praia de Campelo foi "puntual" e resolveuse no momento
Por Redacción |