Piden que Pontevedra cree puntos de recarga públicos para coches eléctricos
Por Redacción
Pontevedra "quedou atrás", segundo o PP, á hora de apostar polos vehículos eléctricos e "liderar o camiño" cara a unha mobilidade máis sostible. Por iso é polo que pedisen ao Concello que cre puntos de recarga públicos na cidade.
Para o edil Pablo Fernández é "básico" facilitar este servizo aos pontevedreses, "facéndolles tamén participes deste proxecto de futuro".
Pero a maiores entende que pode servir como atracción para que os propietarios de vehículos eléctricos poidan planificar as súas viaxes contando con estes puntos de recarga.
"É unha aposta de futuro", recoñeceu o concelleiro popular, que solicitou ao Concello que bote man de axudas para poñer en marcha máis medidas de mobilidade verde e sen emisións.
Por iso, o concelleiro propón dous pasos “fundamentais”. O primeiro, a instalación de puntos de recarga eléctrica, como xa fixeron concello da contorna.
Nesta mesma liña, Fernández insistiu na necesidade imperiosa de electrificar o parque móbil municipal, que só conta cun coche híbrido, o do alcalde.
Asegura que "é imprescindible" empezar a contar con este tipo de vehículos "que a longo prazo beneficiarán á sociedade e á nosa contorna", para o que o Concello debe ser "panca de cambio" no camiño para electrificar os medios de transporte.
Relacionadas:
-
Coches, bicicletas e patinetes eléctricos repostarán gratis en Portas
Por Redacción |
-
Iberdrola instalará en Pontevedra un punto de recarga para coches eléctricos
Por Alejandro Espiño |
-
Denunciado por facer unha ponte a un farol para recargar o seu coche eléctrico
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra ten 109 vehículos eléctricos censados e conta con 21 puntos de recarga
Por Redacción |