A área sanitaria de Pontevedra leva 12 persoas falecidas con coronavirus este mes de xullo
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notificou este mércores 13 de xullo o falecemento de dúas mulleres de 88 e 89 anos con coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ambas as con patoloxías previas.
Ao longo deste mes de xullo rexistráronse 12 falecementos con covid, e no que vai de ano son 84 as vítimas mortais, 313 desde o inicio da pandemia.
A día de hoxe neste distrito sanitario hai un total de 132 enfermos ingresados con covid nalgún dos hospitais da área, o que supón un incremento de doce máis que o día anterior. O Hospital Montecelo conta con 108 pacientes ingresados en planta e dúas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que son 19 no Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Aínda que nesta sétima onda a cifra de casos activos non inclúe a totalidade de contaxiados, como referencia o Sergas apunta que actualmente permanecen 1.269 casos covid evolucionando en domicilio co que son un total de 1.401 casos activos rexistrados nesta área sanitaria (61 casos menos que onte).
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 73.582 pacientes (173 máis que onte).
En canto a realización de PCR’s, nas oúltimas 24 horas fixéronse 131, que se añaden ás 423.209 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Relacionadas:
-
50 persoas permanecen ingresadas con covid na área sanitaria neste mes de agosto
Por Redacción |
-
Tres novas mortes por covid-19 na área sanitaria: dous homes de 78 e 73 anos e unha muller de 79
Por Oskar Viéitez |
-
A xerencia habilita todas as camas pechadas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Continúa o aumento de ingresos con covid na área sanitaria onde se suman tres novos falecementos
Por Redacción |
-
Unha moza de 21 anos da área sanitaria de Pontevedra, vítima máis nova da covid-19 en Galicia
Por Natalia Puga |