
© Concello de Pontevedra
Pontevedra presenta no Museo Raíña Sofía o Placemaking Week Europe que acollerá do 27 ao 30 de setembro

Por Redacción
O Museo Raíña Sofía de Madrid foi escenario dunha presentación do congreso Placemaking Week Europe que acollerá Pontevedra o próximo mes de setembro, entre os días 27 e 30.
Será unha cita que eunirá a arquitectos, urbanistas e especialistas no campo urbano para abordar o futuro das cidades.
Para presentala desprazouse ata Madrid o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, contando ademais coa presenza do director de Placemaking, Ramón Marrades; da directora do Instituto de saúde urbana (International Society for Urban Health), Giselle Sebag, e polo vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, xa que a institución terá un papel activo no congreso destacando a importancia da cultura nas intervencións urbanas, tendo como exemplo ao Concello de Carballo coa creación dos murais nas medianeiras.
O evento estivo conducido pola xornalista Ana Pardo de Vera e contou coa asistencia do presidente da Once, Miguel Carballeda, do presidente da Casa de Galicia en Madrid ou da directora do Raíña Sofía. Tamén asistiu Joan Clos (ex-director executivo de ONU Habitat), o arquitecto e comunicador Pedro Torrijos, o director da Escola de Arquitectura de Coruña, Plácido Lizancos, e o xornalista Jesús Cintora.
No seu internvención o alcalde de Pontevedra incidiu en que "moita xente comprometeuse a vir a Pontevedra", destacando que a organización lles trasladou que "o modelo de Pontevedra chama a atención".
"Nós queremos que Pontevedra siga non calendeiro, que a xente a coñeza", sinalou Lores, defendendo que "se poden facer cidades amables, dinámicas, atractivas, xeradoras de emprego, comercial e con de calidade de vida".
O congreso, que se desenvolveu por primeira vez en 2017 en Ámsterdam e que pasou por cidades como Estocolmo e Valencia, reunirá a un gran número de profesionais en planificación urbana para abordar o urbanismo participativo e sostible desde perspectivas diversas como a arte, a inclusión, a saúde ou a política.
Relacionadas:
-
Máis de cen actividades sobre o futuro das cidades durante a Placemaking Week Europe
Por Redacción |
-
"Intramuros", obradoiros infantís de arquitectura no Museo
Por Redacción |
-
O espírito 'placemaking' invadirá Pontevedra con máis de 400 expertos en deseño urbano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo que a Boa Vila acollerá en setembro
Por Oskar Viéitez |
-
"O río e o verde como factores clave de deseño urbano" será un dos temas a tratar no Placemaking Week Europe 2022
Por Redacción |
-
Urbtopías 'estrea' Santa Clara cun adianto da Placemaking Week de setembro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Placemaking Europe trasládase a Pontevedra para "tomarlle o pulso" á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A Placemaking Week buscará solucións para Monte Porreiro e outras dúas áreas locais
Por Alejandro Espiño |
-
Confirman a Pontevedra como sede en 2022 da Placemaking Week Europe
Por Diego Espiño |