Placemaking Europe trasládase a Pontevedra para "tomarlle o pulso" á cidade
Por Alejandro Espiño
Pontevedra acollerá o próximo 11 de febreiro a reunión ordinaria do consello de administración da rede Placemaking Europe, coa intención de que os seus membros poidan "tomarlle o pulso" á cidade antes do congreso que se celebrará en setembro.
A edil de Promoción da cidade, Anabel Gulías, participou este martes nunha reunión telemática cos organizadores do evento para dar os primeiros pasos na súa preparación.
Os responsables da Placemaking Week, congreso que reunirá a expertos en urbanismo e mobilidade sostible, queren analizar as posibles temáticas a abordar durante eses días.
Para iso, o Concello organizará unha serie de xornadas de traballo para preparar esta cita e fixo un chamamento a entidades, colectivos, asociacións e persoas a título individual para que suxiran temas concretos a tratar "fomentando novos proxectos e ideas".
Gulías explicou que o correo electrónico do Concello está aberto para recibir suxerencias a este respecto, co obxectivo de que este congreso sexa "o máis participativo posible".
Relacionadas:
-
Pontevedra presenta no Museo Raíña Sofía o Placemaking Week Europe que acollerá do 27 ao 30 de setembro
Por Redacción |
-
"O río e o verde como factores clave de deseño urbano" será un dos temas a tratar no Placemaking Week Europe 2022
Por Redacción |
-
A Placemaking Week buscará solucións para Monte Porreiro e outras dúas áreas locais
Por Alejandro Espiño |
-
"As cidades do futuro pareceranse moito a Pontevedra. Deben ser espazos de convivencia"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Confirman a Pontevedra como sede en 2022 da Placemaking Week Europe
Por Diego Espiño |