"O río e o verde como factores clave de deseño urbano" será un dos temas a tratar no Placemaking Week Europe 2022

Por Redacción
A cidade de Pontevedra será, a finais de setembro, a sede da Placemaking Week 2022, unha cita importante pola capacidade de atracción internacional que ten este evento no que se concentran cuestións como o urbanismo, o deseño, a divulgación e o pensamento, contando con expertos mundiais de gran nivel.
O comité organizativo mantén reunións semanais para definir o programa deste evento.
Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica, indica que as áreas temáticas para a edición deste ano serán a innovación e a economía creativa; o río e o verde como factores craves no deseño urbano; a burocracia creativa; e o desenvolvemento a escala humana para espazos públicos prósperos e resilientes.
Estas áreas temáticas contarán con eixos máis locais, segundo indica a concelleira do goberno pontevedrés. As intervencións estarán divididas entre as clases maxistrais pensadas para unha asistencia pública masiva e aqueles relatorios de persoas investigadoras e relevantes no ámbito galego.
Gulías destaca que o obxectivo se centra en que se trata dunha cita galega con persoas que desde Galicia achegaron propostas ao deseño urbano e ao deseño dos espazos públicos. "Cristalizará nun programa que cremos do máis completo xa non só do Estado, senón de toda Europa", afirma a edil.
Tamén se poñerán en marcha talleres pensados para pequenos proxectos que servirán de modelo.
Esta semana enviaranse diferentes cartas a deputacións e municipios galegos por se teñen interese en presentar algún traballo ou en establecer algunha colaboración. Ata o momento, o Concello de Lugo está a traballar de maneira coordinada con Pontevedra nesta mesma liña.
Nas próximas semanas, segundo anunciou a concelleira, expoñeranse as empresas que patrocinan este evento no que traballarán patrocinadores europeos e tamén do ámbito local.
Relacionadas:
-
O espírito 'placemaking' invadirá Pontevedra con máis de 400 expertos en deseño urbano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presenta no Museo Raíña Sofía o Placemaking Week Europe que acollerá do 27 ao 30 de setembro
Por Redacción |
-
Lores presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo que a Boa Vila acollerá en setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Urbtopías 'estrea' Santa Clara cun adianto da Placemaking Week de setembro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha conferencia sobre a Placemaking Week, primeiro evento público en Santa Clara
Por Alejandro Espiño |
-
Placemaking Europe trasládase a Pontevedra para "tomarlle o pulso" á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A Placemaking Week buscará solucións para Monte Porreiro e outras dúas áreas locais
Por Alejandro Espiño |
-
Confirman a Pontevedra como sede en 2022 da Placemaking Week Europe
Por Diego Espiño |