Urbtopías 'estrea' Santa Clara cun adianto da Placemaking Week de setembro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7a9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/620589f698-20220210-patxot-urbtopias-santa-clara-4284.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/534/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/620589f393-20220210-patxot-urbtopias-santa-clara-4275.jpg)
© Mónica Patxot
"Estamos encantados de venir a Pontevedra otra vez", sinalou o director da rede Placemaking Europe, o economista Ramón Marrades, tras pisar de novo a cidade que estes días acolle a reunión anual do consello desta fundación sobre urbanismo sostible.
É o "aperitivo" ao congreso que se celebrará en setembro e no que se debaterá sobre o futuro das cidades, explicou este experto, que avanzou algúns dos temas que se abordarán cita internacional que reunirá a unhas 400 persoas de todo o mundo.
Así, o espazo público e a saúde dos cidadáns, deseñar as cidades pensando nos nenos, a cultura, a inclusión social ou as estratexias urbanas relacionadas coa mobilidade serán algúns dos aspectos que se tratarán nestas xornadas.
Ademais, Pontevedra será tamén o centro deste debate, xa que se achegarán solucións, desde a perspectiva destes expertos, para diferentes temas locais aínda por determinar.
Marrades explicou que todos os asistentes virán a Pontevedra "a aprender" porque as súas disciplinas "no son de talla única" nas que "una solución resuelve todos los problemas", senón que son "cambiantes" o que obriga a renovarse para desenvolver "ciudades mejores".
"Las personas necesitan entender los contextos y saber el trabajo que ha desarrollado Pontevedra en los últimos años", subliñou o director Placemaking Europe, que avogou por "compartir de manera honesta los aciertos y también los fracasos".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu pola mañá aos representantes da rede Placemaking Europe, aos que agradeceu que elixisen Pontevedra para celebrar o seu congreso de setembro, ante o cal "estamos ilusionados".
"Levamos 22 anos traballando en recuperar a cidade para as persoas, pero é un proceso dinámico que non se acaba nunca e polo tanto hai que estar atento a novas tendencias e coñecer opinións das persoas que traballan nese eido", destacou Fernández Lores.
O obxectivo do goberno municipal será "absorber todo ese coñecemento" e pulsar a opinión destes expertos internacionais sobre como debe evolucionar a cidade "para seguir na vangarda" e aproveitar o "futuro esplendoroso" que ten Pontevedra por diante.
A Placemaking Week prevé reunir a uns 400 expertos que, segundo Marrades, son "gente muy implicada" nos procesos de transformación urbana. Todos eles reuniranse en Pontevedra entre os días 27 e 30 de setembro.
Tras varias reunións de traballo, Pontevedra iniciou a conta atrás para este congreso cunha edición especial do ciclo Urbtopías que se desenvolveu no convento de Santa Clara. É o primeiro evento que emprega o histórico inmoble como escenario cultural.
Na antiga capela debateron sobre estratexias urbanas aplicadas ás cidades tanto o alcalde como o director de Placemaking Europe, que estiveron acompañados por Fredrik Lindstal, presidente de Portos de Estocolmo, e a urbanista Vivian Doumpa.
Unha edición especial de Urbtopías sobre a Placemaking Week estrea Santa Clara como recinto cultural
Tras varias reunións de traballo, Pontevedra iniciou a conta atrás para a Placemaking Week cunha edición especial do ciclo Urbtopías que se desenvolveu no convento de Santa Clara. É o primeiro evento que emprega o histórico inmoble como escenario cultural
© Mónica Patxot